Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Día internacional del Orgullo LGTBI. Pasaje Begoña

  • Data de emisión: 15/06/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 1 €
  • Tiraxe: 1.000.000

LGTBI

DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI

Por primeira vez emítese un selo que ten como protagonista á bandeira do Orgullo LGTBI.

A famosa bandeira do arco da vella ten a súa orixe na cidade de San Francisco, deseñada por Gilbert Baker, artista e activista dos dereitos dos gais a finais da década dos anos 70.

O deseño orixinal tiña oito cores: rosa, vermello, laranxa, amarela, verde, turquesa, azul e morado.

Hai diferentes ideas sobre o significado das cores que forman a bandeira. Algunhas persoas asócianos a cada unha das orientacións sexuais, pero Baker pensouno do seguinte xeito: rosa, a sexualidade; vermello, a vida; laranxa, a saúde; amarelo, a luz do sol; verde, a natureza; turquesa, a maxia e a arte; azul, a serenidade; morado, o espírito.

En España, a Pasaxe Begoña de Torremolinos, converteuse durante a década dos sesenta e principios dos setenta, sen pretendelo, no berce dos dereitos e liberdades do colectivo LGTBI.

O atractivo de Torremolinos non só eran as súas praias e o glamour dos seus hoteis, festas e clubs nocturnos, senón tamén a súa atmosfera de liberdade, diversidade e vangarda. En especial na Pasaxe Begoña, foise xestando así nun referente absoluto de liberdade e respecto á diversidade. Deste xeito o colectivo LGTBI, pouco a pouco foi conquistando dereitos.

O 24 de xuño de 1971, unha gran redada policial na Pasaxe Begoña supuxo un punto de inflexión para o movemento: multas astronómicas, detencións e peche de locais e, mesmo a deportación dos turistas que alí se atopaban aos seus países de orixe.

Declarado berce dos Dereitos e Liberdades polo Parlamento de Andalucía e polo Congreso dos Deputados, este enclave está a ser recuperado e promovido como lugar de memoria histórica e reclamo turístico e cultural de Torremolinos, de Andalucía e de España.

Compárteo nas túas redes