Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Efemérides. 100 años del primer correo aéreo español

  • Data de emisión: 30/06/2020
  • Procedemento de Impresión: Offset + efecto levantado + troquelado + plegado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40 x 40 mm (cuadrado)
  • Efectos en prego: Sello individual
  • Valor postal dos selos: 2 €
  • Tiraxe: 140.000

Primer correo aéreo español

EFEMÉRIDES. Centenario correo aéreo español

Venres Santo de 1920, primeiro de abril. Catro avións correo saían e chegaban de xeito simultáneo a un aeródromo de Alacante. Formaban parte do acto de inauguración da primeira liña de correo aéreo de España. Unha liña que cubría a ruta Barcelona - Alacante - Málaga, aínda que tiña o seu punto de partida en Toulouse, onde se atopaba a sede da compañía aérea Latécoère que operaba o voo.

Dende había algúns anos, Latécoère, pretendía  enlazar Francia coas súas colonias en África, logrando en setembro de 1919 enlazar Toulouse con Casablanca, con escalas en España. Ante estas circunstancias, o goberno español promulgou un Real Decreto o 17 de outubro de 1919 para establecer o servizo postal aéreo en España, dentro das coordenadas e directrices, que interesaba á nación,  e contratando de xeito oficial con Latécoère o transporte por avión do correo dentro de España.

Esta resolución culminaba con toda unha serie de leis e comisións de traballo que previamente trataran de introducir o correo por avión no servizo postal de España con diversas medidas como a formación de pilotos dentro do corpo de oficiais de Correos, a creación dun negociado especial para os “servizos aéreos” ou o “Proxecto de bases para a implantación do Correo Aéreo en España”.

A inauguración da primeira liña aérea de correo español impulsou o desenvolvemento posterior do correo por avión en España, establecéndose ao longo dos anos novas liñas postais entre Sevilla e Larache, Málaga e Melilla, e Barcelona e Palma de Mallorca, esixíndose a partir de entón, por real decreto, que as compañías aéreas fosen españolas.

En 1921 inaugurouse o servizo postal aéreo entre Sevilla e Larache, capital do Protectorado Español de Marrocos, que realizará a empresa española CETA (Compañía Aérea de Tráfico Aéreo) fundada por Jorge Loring.

A emisión conmemorativa deste centenario realizouse coa forma dun cuño que simula un biplano que no seu voo vai deixando caer a correspondencia.

Compárteo nas túas redes