Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

SELLOS AUTOADHESIVOS

  • Data de emisión: 03/01/2005
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Valor postal dos selos: Tarifa A (Un sello = carta normalizada hasta 20 grs. para España)
  • Tiraxe: Ilimitada

10120051

Póñense en circulación oito selos adhesivos de tarifa A válida para cartas normalizadas para España de ata 20 gr. de peso dedicados a O Circo. Trapecistas, malabaristas, acróbatas, pallasos, domadores... todo cabe no marabilloso mundo do circo; ese xenial espectáculo que, ó longo da historia, atraeu por igual a nenos e maiores. Xa na antiga Roma o circo cumpriu unha función de divertimento coa exhibición de carreiras de carros de cabalos, combates de gladiadores e loitas con animais; pero o circo moderno, tal como o coñecemos hoxe, naceu en Inglaterra a finais do século XVIII da man de Philip Astley, con exercicios de equitación, sombras chinesas e xogos de acrobacia. Anos máis tarde, o norteamericano H. Bailey introduciu os números de animais adestrados, acróbatas, funámbulos, equilibristas e un longo etcétera, sempre baixo o inconfundible toldo de lona que tanto identifica a este espectáculo. Europa, cunha longa tradición circense, contou con compañías tan famosas coma o circo Krone, en Alemaña; o de París e Bouglione, en Francia; o de Moscova, en Rusia. En España o primeiro circo estable foi o Price, instalado en Madrid en 1830 e activo ata a década de 1970. En Barcelona non se pode esquecer o circo Olimpia, desaparecido hai algúns anos.

10120052

Nos selos reprodúcense obras do pintor Manolo Élices. Nacido en 1934 na localidade salmantina de Valdecarros, trasladouse sendo aínda neno a Béjar, onde deu os primeiros pasos en pintura, e posteriormente a Madrid, onde comezou a traballar en deseño publicitario. Dende 1966 compaxina ámbalas dúas actividades. As estampiñas, cheas de colorido e vivacidade, recollen distintos aspectos do mundo do circo como: Descanso, Madame Lis, Dúo cristel, Hermanos Tonys, Fani y Tini, Konis en la cuerda floja, Troupe silis e Le salía fuego. A portada do carné aparece ilustrada coa obra Dos y dos bicicletas.

Compárteo nas túas redes