Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CENTENARIOS 2005

  • Data de emisión: 03/02/2005
  • Procedemento de Impresión: - Calcografía (sello 500 Aniv. Universidad Sevilla) - Calcografía y offset (sello Primera Real Farmacopea Española)
  • Papel: Estucado, engomado, mate y fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,28 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

10220051

Grazas á certeira iniciativa do arcediago Maese Rodrigo Fernández de Santaella de crear un colexio-universidade destinado a alumnos pobres, xurdiu en Sevilla en 1505 o Colexio de Santa María de Xesús, antiga sede e punto de partida da actual universidade hispalense, que agora cumpre 500 anos de existencia. De aí que os seus cinco séculos de intenso labor educativo merezan ser recoñecidos coa emisión deste selo. Xa nos seus comezos, o colexio recibiu o impulso do Papa Xulio II, quen outorgou unha bula coa que facultaba a institución para conferir os graos de Filosofía, Teoloxía, Dereito, Medicina e Artes. De feito sabemos, a través dos Estatutos de 1621, que a universidade sevillana dispoñía de catro facultades: Canons e Leis, Teoloxía, Medicina e Artes e, ademais, outorgaba diversos graos. Tras esta primeira e longa etapa fundacional, que abrangueu desde 1505 ata 1771, a universidade cambiou de sede e pasou a instalarse na Casa Profesa da Compañía de Xesús. É durante o reinado de Carlos III cando o seu propósito renovador chega a plasmarse no Informe e Plan de Estudos de Pablo de Olavide. En 1845, iníciase unha terceira etapa centralizadora na que universidades menores quedan agregadas a outras de maior entidade, polo que a universidade hispalense adquire unha meirande relevancia. Implántase o Plan Pidal e a Lei Moyano e dótase a institución de novos estudos, cátedras e facultades. Finalmente, a Universidade de Sevilla atopa unha nova sede no que fora a Real Fábrica de Tabacos, cuxo selo reproduce a súa portada principal, obra do arquitecto Van der Borcht.

10220052

O valor dedicado á Primeira Real Farmacopea Española conmemora a aparición da obra Officina Medicamentorum, libro de máis de 400 páxinas que reúne todo o saber da época, en canto á elaboración de medicamentos de orixe vexetal, animal e mineral, cuxa portada se reproduce no selo. Este volume, iniciado en 1601 por farmacéuticos valencianos do Collegi dels Apothecaris de la Ciutat y Regne de Valencia, o Colexio de Farmacéuticos más antigo do mundo, foi rematado en 1603. Un ano despois, sería distribuído polos territorios españois e estranxeiros pertencentes daquela á Coroa de Aragón. Esta edición autorizada polo rei Felipe III está considerada como a Primeira Real Farmacopea Española. A obra é o código de especificacións que teñen que satisfacer os medicamentos e as súas materias primas. É, polo tanto, un texto oficial de máxima importancia, pois serve para garantir a fabricación de medicamentos, asegurar a calidade e protexer a saúde dos consumidores. O termo grego Farmacopea significa "como facer medicamentos".

Compárteo nas túas redes