Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DEPORTES 2005

  • Data de emisión: 01/03/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,35; 0,40; 0,78 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

10320051

Os Xogos Mediterráneos Almería 2005 e os centenarios das fundacións do Sevilla Fútbol Club, SAD e do Real Sporting de Gijón, SAD forman a serie Deportes, que se pon en circulación o 1 de marzo. Os Xogos Mediterráneos xurdiron por iniciativa do exipcio Taher Pacha, como símbolo de paz entre os países da ribeira mediterránea. A XV edición, cuxo logotipo se reproduce no selo, celebrarase o vindeiro verán en Almería. Contará con 24 modalidades deportivas e 4.000 deportistas de países do sur de Europa, norte de África e mais do Líbano e Siria.

10320052

A historia do Sevilla Fútbol Club, SAD arranca o 14 de outubro de 1905, coa aprobación dos estatutos. O seu vestiario identifícase pola cor branca, cunha franxa vermella en vertical que locen en camisetas, pantalóns e medias. O seu estadio, o Ramón Sánchez Pizjuán, con capacidade para 45.500 espectadores, inaugurouse en 1958. Dende a fundación do Campionato Nacional de Liga na tempada 1928-29, data considerada como a do nacemento do fútbol moderno, o Sevilla viviu momentos gloriosos, como a consecución do título de campión de liga en 1945-46 e catro subcampionatos da mesma modalidade. En tres ocasións acadou a Copa de España e en dúas o subcampionato. Durante dez temporadas, alzouse coa Copa de Andalucía e, en numerosas ocasións, os seus xogadores formaron parte da selección española.

10320053

O Real Sporting de Gijón viste camiseta branco-vermella a raias verticais, pantalón azul e medias azuis con volta branco-vermella. Este ano, co gallo dos cen anos de existencia, incorporou na camiseta o logotipo do centenario. O seu estadio, O Molinón, con capacidade para 25.885 espectadores, inaugurouse en 1908 e foi testemuña das maiores goleadas do equipo: 7-1 contra o Osasuna en 1993-94 e 6-0 contra o Oviedo en 1944-45. O club fundouse por Anselmo López co nome de Sporting Gijonés e, entre as súas datas máis destacadas, figura a aceptación da presidencia de honra polo rei Afonso XIII, en 1912. A estrea en primeira división logrouse en 1944 e, dende aquela, alternou entre a primeira e a segunda. Participou en seis ocasións na Copa da UEFA. En 1979 foi subcampión de liga e en dúas foi subcampión da Copa do Rei. En 1992 converteuse nunha sociedade anónima deportiva e pasou a denominarse Real Sporting de Gijón, SAD.

Compárteo nas túas redes