Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EUROPA.- Gastronomía

  • Data de emisión: 15/04/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,53 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

A serie Europa que emiten anualmente as administracións postais de PostEurop (Asociación de Operadores Postais Públicos Europeos) cun tema en común, aparece dedicada este ano á gastronomía, para dar a coñecer a gran variedade de pratos existentes nas 43 administracións que forman parte desta organización internacional.

10420051

A riqueza gastronómica do noso país apréciase na multitude de pratos e especialidades que se poden degustar nos distintos lugares e recantos da nosa xeografía. Así, as sopas, verduras, arroces ou legumes adquiren distintas texturas e sabores, segundo o receitario de cada rexión. Pratos tradicionais, como fabadas paellas, cocidos, caldeiradas de mariscos... compiten por facerse un oco xunto á rica variedade de peixes e saborosas carnes da chamada “nova cociña”, que fai as delicias de calquera afeccionado á boa mesa. Esta diversidade gastronómica é un dos atractivos que, sen dúbida, invitan a coñecer as distintas rexións e saborear as especialidades que se acompañan cos bos viños do país e a fina respostería de doces e tortas. No selo reprodúcese un bodegón cun suculento e exquisito prato de xamón, produto que nos últimos anos pasou a ser un dos máis apreciados da nosa gastronomía no mundo enteiro. A elaboración dun bo xamón require un proceso de salga, curación, secado e envellecemento que lle dará o aroma e o gusto preciso. A serie Europa emitiuse por primeira vez en 1956 polos seis países fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, pero foi catro anos máis tarde, coa creación da CEPT (Conferencia Europea de Correos e Telecomunicacións), cando adquiriu verdadeira identidade coa emisión de selos que pretendían a difusión da cultura e da historia do Vello Continente. Durante máis dunha década, a imaxe que apareceu nos selos era idéntica en todos os países, ata que en 1974 se acordou substituír o deseño único por un tema en común. Na década dos 90, e debido á evolución dos servizos de Correos e de Telecomunicacións, fíxose necesaria a separación de ambos os sectores e, en 1993, a vella CEPT deu paso á actúal PostEurop, encargada, entre outros aspectos, de promover a filatelia e decidir a temática que aparecerá anualmente na serie Europa.

Compárteo nas túas redes