Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CONSTITUCIÓN EUROPEA

  • Data de emisión: 12/01/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 1.000.000
  • Valor postal dos selos: 0,28 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

20120051

Europa volve a estar presente na filatelia co selo dedicado á Constitución Europea, ou ó tamén chamado Tratado Constitucional; un documento que os 25 países membros da Unión Europea deberán ratificar antes de que entre en vigor. A construcción dunha Europa unida, cada vez máis sólida e firme, que incumba a tódolos seus cidadáns, pasa polo establecemento dunha Constitución común que regule as normas de funcionamento. Este texto ou Tratado Constitucional, que foi asinado en Roma o 29 de outubro de 2004 polos xefes de Estado ou de Goberno dos países membros da Unión Europea, deberá ser ratificado por cada país segundo as súas propias normas constitucionais; é dicir, mediante aprobación parlamentaria e/ou referendo no que os cidadáns europeos poderán expresar libremente, mediante o exercicio do voto, a súa aprobación ou rexeitamento ó texto constitucional. A Constitución Europea entrará en vigor o 1 de novembro de 2006, sempre que para esa data se depositen tódolos instrumentos de ratificación. O texto estrutúrase en catro partes, dous anexos e 36 protocolos, 28 dos cales xa se recollen nos actuais tratados da Comunidade Europea e da Unión Europea, e os oito restantes son de nova creación. Este importante documento constitúe un grande avance na construcción da unidade política europea, sustentado nos principios básicos da paz, a cohesión social e territorial, a cooperación entre os pobos, a defensa dos dereitos humanos e a legalidade internacional. Supón, así mesmo, o fortalecemento democrático e social de tódolos Estados membros e un paso importante no desenvolvemento económico dunha poboación próxima ós 500 millóns de cidadáns. O selo reproduce un deseño libre sobre o título de Constitución Europea, escrito nas linguas oficiais do noso país.

Compárteo nas túas redes