Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Diarios Centenarios

  • Data de emisión: 16/05/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,78; 1,95 y 2,21 €
  • Tiraxe: 1.000.000 de cada valor postal
  • Dentado: 13 3/4

Tres novos selos enriquecen a xa extensa emisión dedicada a xornais centenarios. É a vez agora dos periódicos: Diario Palentino, Última Hora das Illes Balears e Diario de Ibiza.

20520051

Conta xa o Diario Palentino con 124 anos de andadura periodística, sempre entregado ao servizo e defensa dos intereses dos palentinos. Fundado o 17 de maio de 1881, mediante a iniciativa de José Alonso Rodríguez, este diario, de tendencia liberal, pasou, en 1941, a fusionarse con outro periódico conservador existente en Palencia denominado El Día. A partir dos anos 80, a propiedade do rotativo foi adquirida pola familia Alonso que o vendeu en 1998 ao Grupo Promecal, quen se ocupou da súa total posta ao día, cambiando a súa sede e dotándoo de novos medios e tecnoloxía. O selo foi deseñado por Ion Echebeste e reproduce, xunto á imaxe do Cristo de Otero, obra de Victorio Macho, o escudo da cidade, ademais dun galo que simboliza os vendedores ou voceiros e que forma parte da identidade corporativa do periódico.

20520052

En 1893, José Tous Ferrer fundou o xornal vespertino Última Hora en Palma de Mallorca, periódico que logo pasou á mañá e do que, en 1974, o editor do Majorca Daily Bulletin lles adquiriu a maioría das accións aos seus propietarios, a familia Tous. A través do tempo, conformaron o Grupo Serra varios medios de comunicación: Diari de Balears (que se imprime en catalán), Última Hora Radio (asociada á COPE), Brisas (magacin dominical de Última Hora), Antena 3 TV Mallorca (informativo local) e, dende xaneiro de 2000, o Última Hora Menorca. Outra iniciativa editorial do diario foi a publicación da Gran Enciclopedia de Mallorca que reúne, en 18 tomos, todo o saber e a cultura da illa. Este xornal vén apostando por todos aqueles estamentos e persoas que fan de Balears unha comunidade máis próspera, moderna e plural. O selo presenta un exemplar do diario dobrado sobre o mar e as illas.

20520053

O Diario de Ibiza, o máis antigo dos diarios da mañá das Illes Balears, fundouse en 1893; de aí que teña 112 anos de existencia. A súa longa traxectoria e defensa dos intereses das illas Pitiusas fixérono merecedor das máis altas distincións: medallas de ouro do Consell Insular e do Concello de Ibiza. Pertence, dende 1991, ao Grupo Prensa Ibérica, o cal realizou unha importante renovación da súa estrutura empresarial e unha modernización dos seus sistemas de produción. O Diario de Ibiza ofrécelle ao lector unha variada selección de suplementos deportivos, sociais e culturais, ademais de guías de turismo de Ibiza e Formentera. O selo mostra un deseño innovador, con motivos mariños e arquitectónicos alusivos a Eivissa e Formentera.

Compárteo nas túas redes