Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EXFILNA

  • Data de emisión: 20/06/2005
  • Procedemento de Impresión: Calcografía y Offset
  • Papel: Estucado engomado mate fosforescente
  • Tamaño do selo: 28.8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Tamaño da folla bloque: 78 x 105 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 2,21 €
  • Tiraxe: 600.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 3/4

Alacant constitúese en escenario dunha nova edición de EXFILNA, xa a número XLIII. Coincidindo con esta Exposición Filatélica Nacional 2005, como vén sendo habitual, emítese unha folla bloque que consta dun selo conmemorativo. Este selo reproduce a torre da homenaxe do castelo de Santa Bárbara, mentres que a folla bloque ofrece como fondo unha vista panorámica de Alacant, en cuxo primeiro plano, xunto ao selo, pode verse a súa praia, nun plano intermedio, un paseo con palmeiras e edificios e, como fondo, a mole rochosa do monte Benacantil, rocha de 166 m de altitude sobre a que se sitúa o castelo de Santa Bárbara.

20620051

Adquiriu este castelo o nome de Santa Bárbara ao ser arrebatado polo infante Afonso de Castela, futuro rei Afonso X, o Sabio, aos árabes o 4 de decembro de 1248, o día da súa festividade. Pasou con Xaime II a ser posesión da coroa de Aragón. Séculos despois, con Carlos I, comeza a ser fortificado, aínda que a gran reforma do castelo chegaría durante o reinado de Felipe II. A el se deben as construcións e dependencias que hoxe perduran. Os bombardeos ocasionados polos franceses sobre Alacant en 1691, as accións bélicas durante a Guerra de Sucesión entre 1706-1709 e a acción militar levada a cabo polos rebeldes cantonalistas de Cartagena coa fragata Numancia en 1873, foron deixando maltreito o castelo. Nesta fortaleza, que logo dunha importante restauración foi aberta ao público en 1963, poden verse, distribuídos nos seus tres recintos, o Baluarte dos Ingleses, Parque de Enxeñeiros, Sala Nobre, Casa do Gobernador, Salón Felipe II, Patio de Armas, Corpo de Garda e Baluarte da Raíña. Alacant, cidade acolledora e moderna, próxima aos 325.000 habitantes, dende os días 20 ao 26 de xuño, recibirá cos brazos abertos a filatelistas e afeccionados. EXFILNA, un dos acontecementos máis relevantes da filatelia española, coa presente edición e a emisión desta nova folla bloque, vén dignificar o coleccionismo e enriquecer a xa extensa serie temática xurdida como resultado das edicións de anos anteriores. De esta hoja bloque se realizó una Prueba de Artista con el sello en negro.

Compárteo nas túas redes