Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

NATURALEZA.- El Pont de Suert (Lleida)

  • Data de emisión: 07/09/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,28 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

A poboación catalá de El Pont de Suert pertence á Alta Ribagorça, comarca montañosa de abrupto relevo e espléndidas paisaxes con elevados picos, circos glaciares e estreitos vales. Parte da comarca está ocupada polo Parque Nacional de Aigüestortes e Lago de Sant Maurici, único espazo natural de Cataluña que ostenta esta categoría. O Parque Nacional é un magnífico exemplo da acción dos glaciares do cuaternario sobre granitos e lousas. Posúe gran cantidade de estanys (lagos), o que lle fai ser a zona lacustre máis importante do Pirineo. Abundan nel os meandros de augas tranquilas chamados aigüestortes, que outorgan a este espazo natural un encanto e atractivo singular.

20920051

Desde o Val d´Aran, saíndo polo túnel de Vielha entramos na Alta Ribagorça, cuxa poboación destacada é El Pont de Suert que garda e conserva entre os muros, do seu pasado histórico: a praza do Mercadal, sede do mercado semanal; a praza e rúa Major porticada; o palacio Abacial, edificio de estilo gótico civil do século XV, residencia do abade do mosteiro de Santa María de Lavaix; e a vella igrexa da Asunción, hoxe convertida en museo, que acolle a colección de Arte Sacra da Ribagorça. O selo, que agora se emite, reproduce a nova igrexa de Nosa Señora da Asunción, da que destaca a súa portada e torre. Foi construída en 1955, seguindo as directrices e o proxecto do enxeñeiro Eduardo Torroja Miret e do arquitecto José Rodríguez Mijares. A súa nave ten forma de arca ou barco invertido, mentres que o campanario suxire un faro. O conxunto arquitectónico segue uns plans construtivos futuristas e de vangarda. Pero El Pont de Suert, ademais de contar con belas paisaxes naturais e contornos xeolóxicos e de ofrecer ao viaxeiro diversas rutas e monumentos, ofrece brinda ao visitante festas ancestrais como as de Sant Sebastià e Falles de Sant Joan. Como dato curioso, posúe un centro de reprodución e recuperación de lontras que está aberto ao público.

Compárteo nas túas redes