Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

X Conferencia Euromediterránea

  • Data de emisión: 03/11/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,53 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

Con motivo do Cume Euromediterráneo (Euromed), que terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro, emítese un selo conmemorativo que deixa constancia desta importante reunión que se desenvolve entre os países da ribeira mediterránea.

21120051

O Cume Euromediterráneo, que no ano actual adoptou este nome ao contar por primeira vez coa presenza dos xefes de Estado e de Goberno, supón o décimo encontro desde que, en 1995, nacera na Cidade Condal a I Conferencia Euromediterránea, á que asistiron os ministros de Asuntos Exteriores dos países membros da organización. O obxectivo do Cume céntrase en establecer “un exemplo único de rexionalismo aberto entre a Unión Europea e os países da ribeira sur do Mediterráneo para crear, de común acordo, unha zona de estabilidade política e de prosperidade económica”. A Euromed está previsto que asistan os responsables de preto de 40 países, entre os que se encontran os 25 da Unión Europea, os aspirantes a esta de Bulgaria e Romanía, e todos os países do sur do Mediterráneo, incluídos Israel e a Autoridade Nacional Palestina. A única excepción é Libia, que asiste en calidade de observador permanente. Co fin de mellorar a política de veciñanza e de atallar os grave problemas que se sufriron nos últimos anos, como os continuos conflitos en Oriente Medio, o auxe do terrorismo internacional e os fluxos migratorios descontrolados, entre os puntos a debater no actual Cume figuran como máis destacados a creación dunha rede europea de cooperación policial e xudicial para a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada. Así mesmo, e para manter a estabilidade da África mediterránea preténdese facer especial fincapé no fenómeno migratorio, adoptando medidas conxuntas de xestión entre os Estados membros. O Cume Euromediterráneo terá lugar na sede do Centro de Convencións Internacionais de Barcelona (CCIB), emblemático lugar onde o pasado ano tivo lugar o Forum das Culturas de Barcelona 2004. No selo reprodúcese unha imaxe da cidade e o logotipo oficial do encontro.

Compárteo nas túas redes