Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

IV Centenario de la publicación de “El Quijote”

  • Data de emisión: 22/04/2005
  • Procedemento de Impresión: Calcografía
  • Papel: Estucado engomado mate fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Tamaño da folla bloque: 78 x 105 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,28; 0,53; 0,78 y 2,21 €
  • Tiraxe: 1.000.000 de hojas de bloque
  • Dentado: 13 3/4

Ao cumprirse o cuarto centenario da publicación de El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes, ponse en circulación unha folla bloque con catro selos, que recolle distintas escenas desta obra mestra da literatura universal.

30420051

En 1605 saía da imprenta de Juan de la Cuesta, en Madrid, a edición príncipe de El Quijote. Como era costume na época, toda obra aparecía dedicada a un mecenas, neste caso o Duque de Béjar que, a cambio de ver o seu nome impreso en letras de molde, apoiaba economicamente os escritores ou artistas. A novela divídese en dúas partes —a segunda publícase 10 anos máis tarde e está dedicada ao Conde de Lemos— e narra as aventuras e desventuras dun fidalgo manchego que, entolecido de tanto ler libros de cabalería, decide converterse en cabaleiro andante e saír polo mundo a buscar aventuras, “desfacer entuertos” e facer cumprir os principios de xustiza e cabaleirosidade. Como todo bo cabaleiro andante, necesita unha dama á que encomendarse nos momentos máis difíciles, polo que no seu ideal elixe unha moza labradora á que lle chama Dulcinea del Toboso, para el a doncela máis fermosa do mundo. Non podía faltar a figura do fiel escudeiro, un labrego de nome Sancho Panza ao que Don Quijote convence para que o acompañe nas súas andanzas, coa promesa de lle entregar os botíns das batallas e o goberno dun territorio. As aventuras sucédense ao longo da novela con sentido do humor e cargadas de tenrura, con enriquecedores diálogos nos que se contrapoñen o idealismo de Don Quijote fronte ao realismo de Sancho Panza. A Mancha, Serra Morena, Aragón e Cataluña son os lugares que percorren cabaleiro e escudeiro antes de volver á súa aldea natal onde, xa no leito de morte, Don Quijote recupera o xuízo e renega das súas tolemias e soños de heroísmo. El Quijote é unha parodia dos libros de cabalería, xénero literario por excelencia no século XVI, e supón o inicio da novela moderna. O seu autor, Miguel de Cervantes (Alcalá de Henares 1547-Madrid 1616), foi soldado e participou na Batalla de Lepanto contra os turcos, onde perdeu a man esquerda. Cultivou diversos xéneros literarios: novela, teatro, comedia, entremeses e poesía. Finou o mesmo día que Shakespeare, o 23 de abril, o Día do Libro, e foi enterrado no convento das Trinitarias segundo a regra da Orde Terceira, “coa face descuberta e a saia dos franciscanos”. De cada uno de los cuatro sellos que componen esta serie se estampó una Prueba de lujo con formato de hoja bloque.

Compárteo nas túas redes