Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

ÁRBOLES MONUMENTALES

  • Data de emisión: 17/01/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,78 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

40120051

Na serie Árbores monumentais aparece un selo dedicado ó ahuehuete, do parque madrileño do Retiro. O ahuehuete ou Taxodium mucronatum, tamén coñecido como ciprés de México, é orixinario de América do Norte. Esta árbore é unha conífera e unha das especies máis lonxevas do mundo. As súas follas son lanceoladas e alternas. Prolifera ó longo das marxes dos ríos; de aí que en terras mexicanas o seu nome signifique 'árbore vella de auga', debido á súa antigüidade e pola súa necesidade de auga. Como exemplo representativo de ahuehuete e das grandes dimensións que acada, tanto en altura coma en diámetro de tronco, citamos un exemplar situado no cemiterio de Santa María de Tule, preto de Oaxaca. É tal a abundancia de ahuehuetes no país azteca que no ano 1921, para celebra-lo centenario da independencia de México, foi elixida árbore nacional. Do ahuehuete, especie que tantas lendas inspirou e que foi utilizado con fins ornamentais, España posúe exemplares moi relevantes pola súa beleza e tamaño. De feito, nos xardíns do Príncipe, en Aranjuez, consérvanse fermosos exemplares desta árbore, tamén coñecida no noso país como sabina. Agora ben, o selo, como diciamos, ocúpase de dar a coñece-lo ahuehuete situado no parque do Retiro. Esta árbore, que conta cun tronco groso e con abundantes pólas que lle dan aparencia de candelabro, crese que foi plantada a principios do século XVII, xa que a súa existencia está documentada e forma parte do inventario do Bo Retiro correspondente ó mencionado século. Ten 300 anos e, se considerámo-la lonxevidade desta especie -entre 2.000 e 6.000 anos-, podemos afirmar que se trata dunha árbore nova. O ahuehuete do Retiro foi incluído en 1992 no Catálogo de árbores singulares da Comunidade de Madrid.

Compárteo nas túas redes