Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

VALORES CÍVICOS

  • Data de emisión: 26/01/2005
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,28 y 0,53 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

50120051

Ponse en circulación a serie denominada “Valores cívicos”, con dous selos dedicados, respectivamente, á seguridade viaria e á doazón de sangue. A seguridade viaria é un concepto que implica por igual ós cidadáns e á Administración e adquire cada día máis importancia no eido social. Por este motivo, a Administración debe tomar tódalas medidas posibles para a prevención de accidentes, tanto coa adecuación das infraestruturas necesarias e a mellora das vías de comunicación, coma cos programas de educación viaria dirixidos ós cidadáns. As campañas informativas fanse eco dos gravísimos perigos que orixinan o consumo de alcohol, o sono, a velocidade ou os adiantamentos indebidos e destacan a importancia que teñen cuestións como a condución responsable, o respecto ás normas e ós sinais, o mantemento do vehículo en boas condicións e o auxilio ós feridos, entre outros moitos aspectos. Pero é a sociedade no seu conxunto –viandantes e condutores– quen ten que tomar conciencia do que significa a seguridade viaria e do que supón o comportamento correcto nas vías públicas. A responsabilidade é de todos e é esta a mensaxe que se quere facer chegar a través do selo que agora se pon en circulación.

50120052

A doazón de sangue é un acto altruísta e voluntario que contribúe a salvar vidas e a mellora-la saúde dos enfermos. O sangue é un ben escaso e vital para o organismo humano, o que fai que a doazón adquira unha dimensión social e cívica que está tutelada polos poderes públicos. España é un dos países coa lexislación máis actualizada en materia de doazón de sangue, e ofrece, por unha parte, seguridade e calidade no sangue obtido para transfundir ós enfermos e, por outra, garantía para os doadores. A escaseza de sangue e a necesidade mundial deste fan que as investigacións para conseguir sangue artificial non cesen. Non obstante, aínda non se puido conseguir ese produto químico que o substitúa. No selo reprodúcese o logotipo utilizado polo Ministerio de Sanidade no Día Mundial do Doador, decretado pola Organización Mundial da Saúde o 14 de xuño de 2004.

Compárteo nas túas redes