Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EFEMÉRIDES.- Voto y Ciudadanía. 75 aniv. del voto de las mujeres en España

  • Data de emisión: 08/03/2006
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,29 €
  • Tiraxe: 2.000.000
  • Dentado: 13 3/4

10320061

Nunha data clave, como é o Día Internacional da Muller Traballadora, ponse en circulación o selo de Correos que conmemora o 75 Aniversario do Voto das Mulleres en España. Este logro, que non foi nada fácil e esixiu un longo proceso reivindicativo, supuxo o recoñecemento de igualdade para o home e a muller no momento de achegarse ás urnas. O 9 de decembro de 1931 aprobábase no Parlamento español a Constitución redactada polo novo Goberno da II República. O artigo 36 (34 do Proxecto) dicía: “Os cidadáns dun e doutro sexo, maiores de vinte e tres anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis”. Desta forma, establecíase o sufraxio universal no noso país, que tivera os seus primeiros intentos de petición no último terzo do século XIX. Antes de ser aprobada a Constitución de 1931, elaborouse o seu Proxecto cuxo artigo 34 se ocupaba do sufraxio feminino, que deu lugar a opinións enfrontadas no propio Goberno: as que estaban de acordo co texto e as que non o consideraban oportuno e propoñían establecer limitacións no voto da muller ou pospoñer a decisión. A unha banda e á outra aliñáronse as dúas únicas deputadas do momento: Clara Campoamor, do partido radical e defensora do texto, e Victoria Kent, do radical-socialista e partidaria da segunda opción. O Diario de Sesións recolle a brillante intervención de ambas as dúas. O día 1 de outubro de 1931 votouse o mencionado artigo 34 do Proxecto Constitucional, que se saldou coa súa aprobación, cun resultado de 161 votos a favor e 121 votos en contra. Os primeiros intentos para pedir o voto para a muller no noso país datan de 1877 e 1907-1908. No primeiro solicitouse de forma restrinxida para as mulleres que ostentaban a patria potestade, e no segundo para as mulleres xuridicamente libres e para exercer o voto nas eleccións municipais, en ambos os casos foron rexeitados. En 1924 (Real decreto de 12 de abril), Primo de Rivera outorgou o dereito electoral ás maiores de 23 anos xuridicamente libres, excluíase ás casadas para non provocar conflitos no matrimonio. Só puideron participar nese plebiscito. No selo reprodúcese unha imaxe do arquivo fotográfico Fondo Alfonso, adquirido polo Arquivo Xeral da Administración do Estado, situado en Alcalá de Henares.

Compárteo nas túas redes