Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FLORA Y FAUNA. Lirio y Verderón común

  • Data de emisión: 05/07/2006
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 177,5 x 86 mm. (horizontales)
  • Efectos en Talonario: 100
  • Valor postal dos selos: 0,41; 0,29 €
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos valores

Aparece a terceira emisión dos talonarios da serie Flora e Fauna, dedicados nesta ocasión ao lirio e ao verderolo común. Os selos reproducen a flor e o paxaro con valores de 0,41 (o lirio) e 0,29 euros (o verderolo común).

10720061

O lirio é unha planta herbácea pertencente á familia das Iridáceas. Está formada por un conxunto de plantas con órganos de reserva nas súas raíces. Posúe follas radicais, erguidas, ensiformes, duras e envaiñadeiras. O seu talo central é en rama, de cinco a seis decímetros de altura, con flores terminais grandes, perfumadas e bisexuais, de seis pétalos azuis ou morados e, ás veces, brancas. Xorden en forma de inflorescencias con dúas ou tres flores por talo. Son os seus pétalos, uns curvados denominados “alas”, que están recubertos dunha especie de veludo, e outros erectos chamados “bandeiras”.

10720062

Os lirios máis comúns son dunha cor azul ou malva intenso cunha barba central amarela. Florecen en primavera ou a comezos do verán. Teñen froito capsular con moitas sementes, e rizoma rastreiro e nodoso. Aínda que se encontran de forma natural no noso país, os lirios veñen sendo cultivados desde a antigüidade, pois posúen un valor ornamental e medicinal, polo que é unha planta moi apreciada.

10720063

O verderolo común ou Carduelos chloris é unha ave canora da orde das paseriformes. Este frinxílido vén sendo do tamaño e forma dun pardal (mide entre 12 e 15 cm). Ten plumaxe verde e manchas amareladas nas remeiras principais e na base da cola. Percíbese a súa presenza en toda a Península Ibérica, nalgunhas zonas de Europa, Exipto e Israel. Adoita aniñar en árbores e arbustos. Este frinxílido é tímido e cauteloso co estraño e descoñecido. É un migrador parcial e nos seus desprazamentos agrúpase en pequenos bandos.

10720064

Os selos desta emisión de Flora e Fauna preséntanse en talonarios de 100 selos autoadhesivos, realizados en offset, e a súa tirada é ilimitada.

Compárteo nas túas redes