Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CIENCIA

  • Data de emisión: 17/05/2006
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 28, 8 x 40,9 mm. (vertical) y 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 20
  • Valor postal dos selos: 0,29; 0,57 €
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos valores postales

Baixo o título Ciencia póñense en circulación dous selos autoadhesivos que unen as ciencias puras e as ciencias aplicadas nunha mesma emisión de moderno deseño.

30520061

As ciencias puras, as matemáticas, reúnen do 22 ao 30 de agosto deste ano, en Madrid, o XXV Congreso Internacional de Matemáticos. Considerado como o maior encontro científico do mundo, ten lugar cada catro anos e está organizado pola Unión Matemática Internacional. Nos seus máis de cen anos de historia, esta é a primeira vez que se celebra en España. Durante a “olimpíada matemática” realizaranse 20 Conferencias Plenarias e 169 Conferencias Invitadas distribuídas en 20 seccións científicas que abranguen todas as áreas das matemáticas. O rei Xoán Carlos I presidirá a entrega de Medallas Fields, consideradas como os Premios Nobel de Matemáticas e concedidas unicamente a menores de 40 anos de idade. Na imaxe reprodúcese o logotipo do Congreso e un fragmento do Códice Vigilanus, cunha versión primitiva dos números árabes. Este códice é o máis antigo de cantos se conservan cos nosos numerais actuais e encóntrase depositado na Biblioteca do Real Mosteiro de San Lorenzo do Escorial.

30520062

O segundo dos selos aparece dedicado a Correos pola Sociedade da Información. Día de Internet. Este tema aparece vinculado ao Cume Mundial da Sociedade da Información, reunida en Túnez en novembro de 2005, onde se acordou celebrar o 17 de maio o Día Mundial da Sociedade da Información (data na que tradicionalmente se conmemora o Día Mundial das Telecomunicacóns). A proposta foi realizada polo Goberno español e será ratificada proximamente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Correos, no seu desexo por satisfacer as necesidades dos seus clientes e usuarios, conta cun portal de Internet que ofrece servizos executables desde o ordenador persoal. Desde o correo dixital cartas e postais, o usuario só ten que enviar o texto do documento e os datos do interesado e Correos imprímeo, introdúceo no sobre e entrégao ao destinatario. O mesmo procedemento é válido para o envío de telegramas e burofax. Os afeccionados á filatelia dispoñen do canal de comunicación “Filatelia en liña”, onde se poden dar de alta como abonados no servizo e recibir no domicilio todas as novidades filatélicas que se produzan. Sen dúbida unha boa forma de contribuír á difusión e accesibilidade dos servizos. No selo, o logotipo do Día de Internet.

Compárteo nas túas redes