Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FIESTAS POPULARES Carreras de caballos. Sanlúcar de Barrameda (Cádiz)

  • Data de emisión: 06/07/2006
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 2,33 €
  • Tiraxe: 600.000
  • Dentado: 13 3/4

As Carreiras de Cabalos de Sanlúcar de Barrameda, consideradas como “o maior espectáculo das praias do Sur”, son as protagonistas da nova emisión filatélica enmarcada na coñecida serie Festas Populares.

30720061

As Carreiras de Cabalos de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) teñen lugar todos os anos no mes de agosto entre as praias de Baixo de Guía e das Piletas, xunto á desembocadura do río Guadalquivir, co Parque Nacional de Doñana como pano de fondo. Para fixar a celebración das carreiras consúltanse as táboas de mareas e fíxanse dous ciclos de tres días cada un, sempre coincidindo coa baixamar, de tal forma que entre o primeiro e segundo ciclo transcorren 14 días. Durante os seis días de competición celébranse 26 carreiras suxeitas ás normas oficialmente establecidas. O colorido e a animación da festa, unido á paraxe natural do lugar de celebración, atraen a centos de visitantes que se reúnen arredor dun improvisado hipódromo praieiro onde, entre carreira e carreira, poden realizarse apostas nos lugares oficiais e nos tradicionais e coñecidos postos de apostas infantís montados en casetas de cartón ao longo de todo o percorrido. A orixe das carreiras é de carácter mariñeiro e popular. Contan que a principios do século XIX o peixe se descargaba na praia de Baixo de Guía e o de mellor calidade era transportado ata os mercados e poboacións próximas a Sanlúcar nos lombos dos cabalos máis resistentes, coñecidos como “cabalos corredores”. A modo de diversión, e mentres esperaban a chegada das barcas pesqueiras, os cabalos eran sometidos a competicións de velocidade sobre as húmidas e finas areas da praia sanluqueña. As primeiras carreiras celebráronse o 31 de agosto de 1845 e o 20 de setembro do mesmo ano constituíuse a Sociedade de Carreiras de Cabalos de Sanlúcar de Barrameda, a máis veterana do país. En 1989 foron declaradas Festas de Interese Turístico Nacional, pola Secretaría Xeral de Turismo, e en 1997 foron propostas para obter a declaración de Festas de Interese Turístico Internacional, pola Dirección Xeral de Turismo.

Compárteo nas túas redes