Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES. V CENTENARIO DE LA MUERTE DE CRISTÓBAL COLÓN

  • Data de emisión: 24/04/2006
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Tamaño da folla bloque: 105,6 x 79,2 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 2,39 €
  • Tiraxe: 600.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 3/4

40420061

Ao cumprirse o V centenario da morte de Cristóbal Colón, ponse en circulación unha folla bloque conmemorativa que reproduce, no selo, un retrato do descubridor do Novo Mundo e, no exterior, o mapamundi Summa de Cosmographia, de Pedro de Medina. Sobre o fondo leva escrito Cristóbal Colón 1506-2006, impreso cun verniz de sobreimpresión unicamente visible á luz ultravioleta. Ambas imaxes pertencen aos fondos da Biblioteca Nacional. Moito se ten debatido sobre a data e o lugar de nacemento de Cristóbal Colón, a quen os máis importantes documentos atribúen o ano 1451 e a cidade de Xénova como datos más precisos sobre a súa orixe. Vinculado nun principio ao negocio artesán dos seus pais, Colón enrolouse sendo moi novo na navegación comercial, converténdose nun experto navegante. Chegou a España co proxecto de explorar unha nova ruta cara ás Indias navegando cara a occidente, idea que expuxo á raíña Isabel a Católica ao contar coas recomendacións do gardián do mosteiro da Rábida e de frei Juan Pérez, exconfesor da raíña. En 1492, tras a toma de Granada, os reis Católicos apoiaron o proxecto de Colón e asinaron as Capitulacións de Santa Fe, polas que obtiña os títulos de virrei e almirante das terras que descubrira, así como os dereitos sobre a décima parte de canto se lograra nelas. A expedición formouse coa nave Santa María e as carabelas A Pinta e A Niña. Contou cos grandes mariños Vicente Yánez Pinzón, Martín Alonso Pinzón e Juan de la Cosa, os cales se fixeron ao mar o 3 de agosto de 1492 desde o porto de Palos (Huelva). Tras unha escala en Canarias e unha dura travesía, avistaron terra o 12 de outubro en Guanahaní (no arquipélago das Bahamas), que bautizaron co nome de San Salvador. Ademais doutras illas no mesmo arquipélago, descubriron Juana (actual Cuba) e A Española. Ningún dos expedicionarios foi consciente da chegada a un Novo Mundo e creron arribar ás Indias confirmando a teoría de ter aberto unha nova ruta marítima por occidente. Colón realizou tres novas viaxes: na segunda (1493-1496) descubriu as Pequenas Antillas, Puerto Rico e Jamaica, ademais de circunnavegar boa parte de Cuba; na terceira viaxe (1498-1500) descubriu a costa continental na desembocadura do Orinoco e as illas de Trinidad e Cubagua; na cuarta viaxe (1502-1504) descubriu a costa de América Central á altura de Panamá. Morreu en Valladolid en 1506 sen saber que as terras descubertas formaban parte dun novo continente.

Compárteo nas túas redes