Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DIARIOS CENTENARIOS. LA VANGUARDIA

  • Data de emisión: 09/11/2006
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,29 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

Son 125 anos os que cumpriu o xornal La Vanguardia. Por este motivo Correos dedícalle agora un selo como homenaxe e recoñecemento a un longo labor informativo, destinado sempre ao servizo da sociedade catalá e española.

51120061

Xurdiu o diario La Vanguardia en 1881, fundado por Carlos e Bartolomé Godó. Aínda que fixo a súa aparición inicial como órgano do Partit Constitucional (liberal), foi en 1888, coincidindo coa Exposición Universal, cando iniciou a súa singradura como xornal independente. De feito, o seu director, Modesto Sánchez Ortiz, no editorial de presentación reivindicou as súas afinidades coa prensa máis avanzada do seu tempo, convertendo La Vanguardia nun rotativo independente, profesional, comercial, informativo e de servizos. Durante esta etapa colaboraron co periódico varios intelectuais e artistas como Narcís Oller, Víctor Catalá, Isidre Nonell e Santiago Rusiñol. Agora ben, sería Ramón Godó, o primeiro conde de Godó quen puxera os alicerces empresariais de La Vanguardia. O seu momento de auxe coincidiu coa Primeira Guerra Mundial. Xa o xornal foi pioneiro utilizando correspondentes nas frontes de ambos os bandos belixerantes. Isto fíxolle lograr prestixio e notoriedade, alcanzando entón a cifra de 80.000 exemplares. En anos sucesivos, a introdución de fotografías e o establecemento de corresponsalías levouno a gañarse o prestixio e a credibilidade dos lectores cataláns e españois. De feito, nos anos 30, con Gaziel como director, alcanzou La Vanguardia os 200.000 exemplares de tirada. A partir dos anos 70, o xornal creceu en credibilidade, en vendas e en lectores. En 1989, Javier Godó conseguiu acrecentar o seu liderado grazas á importante renovación que afrontou, modernizando a súa imaxe, instalando novas rotativas de impresión e introducindo un novo deseño e páxinas en cor, ademais de cambiar parte do cadro de persoal. Na actualidade La Vanguardia é parte esencial do grupo multimedia Godó, conformado por prensa, radio, televisión e Internet. O diario pon á venda máis de 200.000 exemplares. O selo que sobre el se emite reproduce unha tira a modo de cabeceira co ano de fundación e o actual e, como fondo, exemplares amontoados.

Compárteo nas túas redes