Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

ESPAÑA 06. EXPOSICIÓN MUNDIAL DE FILATELIA. EL DEPORTE

  • Data de emisión: 12/10/2006
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Tamaño da folla bloque: 105 x 78 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 2,33 €
  • Tiraxe: 500.000
  • Dentado: 13 3/4

O baloncesto e o tenis son dúas modalidades deportivas que, xunto co fútbol e o ciclismo, contan con multitude de seguidores no noso país, máis aínda cando España se proclamou recentemente vencedora, por vez primeira, do XV Campionato Mundial de Baloncesto Xapón ’06 e en tenis o pavillón español está moi alto. É por isto que ambos deportes merezan estar representados nun acontecemento de transcendencia internacional como é a Exposición Mundial de Filatelia España 2006, pois é sabido que no noso país, ademais, vimos contando con excelentes xogadores como Pau Gasol (baloncesto) e Rafael Nadal (tenis). Deportistas, un e outro, ratificados nas súas modalidades como entre os mellores do mundo. De aí, que o baloncesto e Gasol, ao igual que o tenis e Nadal, pola súa popularidade e logros, pasen a estar representados na mostra e folla bloque dedicada ao Deporte.

81020061

O baloncestista Pau Gasol Sáez, nacido en 1980 en Sant Boi de Llobregat (Barcelona), é xogador dos Memphis Grizzlies e foi o segundo xogador español en fichar por un equipo da NBA, ademais do primeiro en ir a un All-Star. Empezou a xogar ao baloncesto nas categorías escolares do Col-legi Llor. Logo fichou polo Cornellà e na temporada 1997-98 ingresou no FC Barcelona. Tivo que deixar os seus estudos de Medicina para dedicarse de cheo ao deporte. Formou parte da selección española Júnior que se proclamou Campioa do Mundo Júnior en 1999. Debutou na selección en 2001 e desde entón ata agora colectou cuantiosos títulos, recoñecementos e palmarés destacando entre estes a medalla de prata no Eurobasket de Suecia (2003) e medalla de ouro no Campionato Mundial de Baloncesto de Xapón (2006), onde tamén foi elixido Mellor xogador (MVP) do Campionato. O tenista Rafael Nadal Parera, nacido en 1986 en Manacor (Mallorca), gañou o seu primeiro torneo aos oito anos e é o xogador máis novo da Copa Davis, xa que a conseguiu aos 18 anos. O debut deste mozo tenista foi nos dous primeiros torneos do Gran Slam (2003). Un ano despois xa, como profesional, a súa contribución foi decisiva na vitoria de España na final da Copa Davis (2004), fronte a EE.UU. En 2005, tras gañar dous Masters Series (Montecarlo e Roma), derrotou ao número un Federer nas semifinais de Roland Garros. En 2006 recibiu o premio Laurens á Mellor promesa, bateu o récord de vitorias consecutivas en terra batida e conquistou o seu segundo título do Grand Slam na final del Roland Garros.

Compárteo nas túas redes