Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

JUGUETES

  • Data de emisión: 02/01/2007
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 35 x 24,5 mm. (horizontales)
  • Valor postal dos selos: Tarifa A (Un sello = carta normalizada hasta 20 gr. para España)
  • Tiraxe: Ilimitada

10120071

Sen dúbida, hai xoguetes que coa súa imaxe logran espertar, aos que os contemplamos, recordos ou nostalxias do pasado. A súa presenza, a moitos de nós, consegue transportarnos ao marabilloso e máxico mundo da infancia. Aquelas pezas que un día foron obxectos imprescindibles dos nosos xogos, hoxe, co paso dos anos, pola súa beleza e atractivo, pola súa mestría e impecable deseño con que foron concibidos, en gran parte, pasaron a ser auténticas pezas de museo. As imaxes dalgúns deles quedaron impresas en selos de Correos, e vense ampliadas con esta nova serie de oito valores ocupados en reproducir pezas singulares de xoguetes infantís correspondentes aos museos seguintes:

10120072

Do Museo de Juguetes de Albarracín un triciclo. Xurdiu este museo como iniciativa particular do coleccionista Eustaquio Castellano. As pezas da colección abranguen desde o século XIX ata os anos 80 do século XX e foron fabricados en diversos países europeos e España. Entre os seus contidos, o xoguete educativo logra especial importancia. Do Museu del Joguet de Catalunya de Figueres hai un autobús, extraído da súa rica colección consistente nunhas 4.000 pezas. Foi inaugurado en 1982 e ampliado en 1998. Foi fundado por Joseph Maria Joan Rosa e posúe unha gran variedade de xoguetes, ademais de distintos xogos para invidentes. Do Museu de la Joguina de Sant Feliu de Guíxols, que custodia a colección Tomàs Pla, móstrase un tren. Os xoguetes máis antigos son de 1870 e hainos ata os máis modernos de 1980. Representa o Museu dels Joguets de Dénia un xogo de bolos. Os seus contidos están datados desde principios do século XX ata os anos 60 e serven de escaparate da produción xogueteira da cidade alacantina. O Museo de Artes y Costumbres Populares de Sevilla, situado no Pavillón Mudéxar e creado en 1972, mostra unha ampla selección de mobles, cerámica, orfebrería, bordados, etc.,. O selo ilústrase cun carriño das súas coleccións. Á Fundación Raquel Chaves de Vigo pertence o hidroavión. Ao Museu de la Jugueta de Sa Pobla, que conta cunhas 4.000 pezas artesanais e industriais dos séculos XIX e XX, pertence a imprentiña. E da Fundació Museu Valencià del Joguet d´Ibi, procede o coche de bombeiros, cuxos fondos cedeu a familia Payá. Pezas, a maioría realizadas de lata.

Compárteo nas túas redes