Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CIENCIA

  • Data de emisión: 02/02/2007
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal) y 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 20
  • Valor postal dos selos: 0,30 y 0,42 €
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos valores postales

Baixo o título Ciencia póñense en circulación dous selos autoadhesivos de Correos dedicados, respectivamente, á Química. Táboa periódica de elementos de Mendeléiev e á Astronomía. 425 aniversario do calendario gregoriano.

10220071

O primeiro dos motivos fai referencia á clasificación periódica dos elementos químicos proposta por Dmitri Ivánovich Mendeléiev, en 1869. Para desenvolver esta teoría, o químico ruso estableceu por primeira vez que os elementos químicos exhibían unha “propiedade periódica”, polo que organizou os elementos segundo o seu peso atómico nunha táboa con fileiras e columnas. Na táboa deixou uns cadros baleiros, que corresponderían a elementos descoñecidos nese momento, cuxas propiedades puido prever. A hipótese encontrou confirmación ao descubrirse tres novos elementos: o galio, o escandio e o xermanio, que viñan encher os lugares baleiros, o que deu validez á súa clasificación. Mendeléiev (1834-1907) realizou traballos sobre o isomorfismo, a cohesión molecular e as propiedades do aire enrarecido. Foi autor do texto Principios de química, todo un clásico na materia, e durante varios anos estivo á fronte do departamento de Pesas e Medidas de San Petersburgo.

10220072

O segundo dos selos está dedicado ao Calendario Gregoriano ao cumprir 425 anos de vixencia. Este sistema de computar o tempo foi adoptado polo papa Gregorio XIII en 1582 para tratar de axustar o desfase de días existentes e facer coincidir a duración do ano civil e o ano trópico. Se o ano ten, aproximadamente, 365 días, 5 horas, 48 minutos e 98 centésimas de segundo, acordouse fixar o ano en 365 días e engadir un día máis cada catro anos, que sería bisesto. Naquel momento acumulaban un atraso de 10 días, polo que se decretou que o xoves 4 de outubro de 1582 fora seguido polo venres 15 de outubro, e que no sucesivo foran bisestos todos os anos múltiplos de catro, salvo os acabados en dous ceros, que só serían bisestos cando foran divisibles por 400. O novo calendario foi adoptado polos países católicos malia a desconfianza provocada entre a poboación, que pensaba que lles quitaran 10 días de vida. Acababa de nacer o Calendario Gregoriano, vixente na actualidade.

Compárteo nas túas redes