Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FLORA Y FAUNA

  • Data de emisión: 02/04/2007
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 177,5 x 86 mm. (horizontales)
  • Efectos en Talonario: 100
  • Valor postal dos selos: 0,30 € (Canario) y 0,42 € (Violeta)
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos motivos

Continuando coa serie de Flora e Fauna, dedícase esta nova emisión de dous talonarios autoadhesivos á violeta e ao canario, flor e paxaro que gozan no noso país dunha gran popularidade.

10420071

A violeta é unha planta herbácea, que pertence á familia das violáceas, da clase magnoliopsida. Son plantas de talos rastreiros, follas radicais con pecíolos moi longos, ásperos e en forma de corazón con bordos festonados. As súas flores son pequenas, de cor azul intenso, morada clara e, ás veces brancas ou amarelas con cinco pétalos. En zonas con temperaturas axeitadas, as violetas poden producir flores ao longo de todo o ano. De feito, atópanse en todas as rexións tépedas de América, Europa e Asia. Coñécense, na actualidade, máis de 500 especies de violetas. Empréganse como plantas de adorno en xardíns e macetas. O selo reproduce unha violeta azul na que hai unha leve presenza de tons avermellados.

10420072

O Serinus canaria ou canario é un pequeno paxaro cantor, pertencente á familia dos frinxílidos. Debe o seu nome ao lugar orixinario de procedencia, as Illas Canarias, aínda que tamén era nativo de Madeira. De canto parecido ao do xílgaro, o canario salvaxe é amarelo e verde, con raias no seu lombo. Tradicionalmente, este frinxílido, veu criándose en gaiola ou en catividade e as súas tonalidades de plumaxe son moi variadas. Abundan os de cor amarela brillante, branca, crema pálida e laranxa. Desde a antigüidade ata o século pasado, os canarios foron utilizados nas minas de carbón como un sistema de alarma ante a aparición de emanacións de gases tóxicos. Aínda que son moi populares como paxaros de gaiola, o seu hábitat eran zonas semi-abertas e construían os seus niños en árbores e arbustos. O canario que reproduce o selo é de cor amarela.

Compárteo nas túas redes