Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

PERSONAJES. Carmen Conde y Rosa Chacel

  • Data de emisión: 04/06/2007
  • Procedemento de Impresión: Calcografía
  • Papel: Estucado, engomado, mate, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 2,49 €
  • Tiraxe: 600.000 de cada motivo
  • Dentado: 13 3/4

Recoñecidas polo seu labor como escritoras, Carmen Conde e Rosa Chacel pasan a forman parte da serie filatélica titulada Personaxes.

20620071

A vida de Carmen Conde Abellán iníciase o 15 de agosto de 1907 en Cartaxena. Amante das letras e da literatura, estuda Maxisterio e moi pronto empeza a escribir. En 1927 coñece ao poeta Antonio Oliver Belmás, quen a orienta cara á poesía e con quen contrae matrimonio en 1931. Xuntos crean a primeira Universidade Popular de Cartaxena e a revista Presencia, publicación desa universidade. Durante case corenta anos a vida de ambos os dous correrá en paralelo, dedicados por completo ao estudo, a escritura e o ensino. A década dos 40 será a época literaria máis frutífera para a escritora, coa publicación de numerosos contos, ensaios e poesía. En 1953 gaña o Premio Elisenda de Montcada; en 1961 o Premio Doncel de Teatro Xuvenil; en 1967 o Premio Nacional de Poesía por Obra poética e en 1980 o Premio Ateneo de Sevilla. En 1978 é elixida Académica da Real Academia Española, converténdose na primeira muller que ingresa nesta institución, onde ocupa a cadeira K. O 28 de xaneiro do ano seguinte pronuncia o seu discurso de ingreso na Academia con Poesía ante el tiempo y la inmortalidad. A partir dos anos 80 comeza a sufrir a enfermidade de Alzheimer, aínda que segue traballando e participando en faladoiros e programas de radio. Falece en Madrid o 8 de xaneiro de 1996.

20620072

Filla dunha mestra que lle inculca o interese pola cultura e a formación, Rosa Chacel nace o 3 de xuño de 1898 en Valladolid. De 1915 a 1918 estuda escultura na Escola de Belas Artes de San Fernando, Madrid, que abandona para dedicarse á literatura. Vinculada ás ideas orteguianas, publica novelas, contos, biografías, ensaios e poesía, se ben destaca como novelista. Tras casarse co pintor Timoteo Pérez Rubio trasládase a vivir a Italia, onde colabora en revistas literarias. En 1927 volve a Madrid e durante a Guerra Civil exíliase a París, Río de Xaneiro e Bos Aires. Durante os anos 70 alterna a súa estancia entre Río e Madrid e é aquí onde finaliza a súa obra Barrio de Maravillas, pola que recibe o Premio da Crítica en 1976 e onde se establece definitivamente ao falecer o seu esposo. En 1987 gaña o Premio Nacional das Letras e en 1990 o Premio Castela e León das Letras. A súa obra Memorias de Leticia Valle levouse á gran pantalla. Morre en Madrid en 1994.

Compárteo nas túas redes