Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CASTILLOS

  • Data de emisión: 10/09/2007
  • Procedemento de Impresión: Calcografía
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 2,49 €
  • Tiraxe: 600.000
  • Dentado: 13 3/4

A serie de Castelos que, ano tras ano, se viu incrementada en número por varias emisións de selos dedicados ó tema, vese agora enriquecida por dous novos valores filatélicos. Grazas a estas diminutas imaxes e á súa facilidade para percorrer e introducirse nos fogares de todo o mundo, moitos dos nosos castelos son universalmente coñecidos. A emisión que agora nos ocupa dá a coñecer, mediante fotografías dos seus edificios, o castelo de Almenar, da provincia de Soria e o de Villena, da de Alacante.

20920071

O castelo-palacio de Almenar é un dos mellor conservados de Soria. Consta de dous recintos de planta cadrada, con torres redondas nos ángulos e está rodeado por un foso con ponte de acceso de dobre arco. Dispón no seu interior dun patio e de edificios con salas palacianas. Esta fortaleza, de orixe árabe, sufriu no século XV unha importante modificación. No Cantar dos sete infantes de Lara xa se fai mención a este castelo. En 1430 Xoán II de Castela concede a Hernán Bravo de Lagunas o señorío de Almenar. En 1677 pasou a noite o rei Carlos II tras o seu regreso de Zaragoza. Tamén María Luísa de Saboya, primeira muller de Felipe V, de camiño desde Francia a Madrid foi acollida nel en 1706. Durante o século XVIII o castelo foi abandonado. Anos despois sería convertido en cuartel e alí naceu en 1894 Leonor Izquierdo, esposa do poeta Antonio Machado.

20920072

Nun emprazamento destacado de Villena levántase o seu castelo-atalaia, dominando, desde o monte de San Cristovo, a poboación e o seu contorno. Rodeado por unha muralla delimitada por cubos, o recinto é de planta poligonal e dispón de torres cúbicas nos ángulos. Tamén de orixe musulmá, como a anterior, esta fortaleza foi reformada no século XV, o que a converteu en castelo-palacio cunha impresionante torre da Homenaxe. Foi conquistado en 1239 polo vizconde de Cardona coa axuda dos cabaleiros da Orde de Calatrava. Encomendada a súa custodia a estes por Xaime I, pasou a mans de Fernando III de Castela en virtude do Tratado de Almizra. Foi centro de enfrontamentos durante as revoltas das Xermanías. Sufriu importantes danos na guerra da Independencia. Tras ser declarado Monumento Nacional en 1931, foi restaurado.

Compárteo nas túas redes