Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FLORA Y FAUNA

  • Data de emisión: 20/01/2007
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 177,5 x 86 mm. (horizontales)
  • Efectos en Talonario: 100
  • Valor postal dos selos: 0,30 € (Abubilla) y 0,39 (Rosa)
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos motivos

Dous talonario de selos autoadhesivos reproducen a imaxe da rosa e a bubela, protagonizando a nova emisión de Flora e Fauna.

30120071

A rosa, unha das flores máis populares e coñecidas como “raíña do xardín”, é das máis apreciadas polo seu suave recendo, variedade de cores, de formas e tamaños da flor, dependendo da súa especie e orixe. É unha flor xurdida dun arbusto espiñoso chamado roseira, ás veces rubideiro, e pertence á familia das rosáceas. As flores son completas e hermafroditas, regulares, con simetría radial. Constan de cáliz de cinco pezas de cor verde; de corola simétrica, formada por cinco pétalos regulares de variadas cores vivas, tamén brancos; de androceo, composto por numerosos estames dispostos en espiral; de xineceo, composto por varios pistilos separados; nectario para atraer insectos que favorecen a polinización; e inflorescencias en acios, formando corimbos. Aínda que a maioría das especies de rosa son cultivadas e destinadas á ornamentación, tamén se destinan á extracción de aceite esencial, utilizado en perfumería, cosmética, para usos gastronómicos e medicinais. Ao haber máis dun centenar de especies entre roseiras silvestres e doutros tipos, a flor resulta moi variada en formas e cromática.

30120072

A bubela é unha ave migratoria de fermoso aspecto. Habita en zonas temperadas e tropicais de Europa, Asia e norte de África. É un paxaro insectívoro, de pico moi longo que utiliza para extraer as larvas. De plumaxe parda rosada, con alas e cola listadas de franxas con tons en branco e negro, dotado dun moño ou penacho de plumas eréctiles na cabeza. A femia, durante a incubación, adoita segregar un líquido pestilente, producido pola súa glándula oleosa. O seu voo é ondulante, con frecuentes e bruscos cambios de dirección. Adoita incubar en ocos de árbores, gretas de rochas e celeiros. Como ave da estepa báñase en area, nunca en auga. As crías permanecen entre 22 e 24 días no niño.

Compárteo nas túas redes