Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DEPORTES. 32nd AMERICA’S CUP CHALLENGER. DESAFIO ESPAÑOL 2007

  • Data de emisión: 08/02/2007
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,30 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

Entre os eventos deportivos do ano 2007, cabe salientar a celebración da 32ª America’s Cup Challenger. Esta competición marítima, de gran transcendencia no ámbito deportivo internacional, celébrase por primeira vez en España e é a protagonista da emisión filatélica.

30220071

As boas condicións para a navegación, con ventos constantes e moderados, o tipo de ondada e a excelente meteoroloxía, entre outros factores, fixeron que Valencia fora elixida como lugar idóneo para celebrar a America’s Cup na súa 32 edición. O trofeo deportivo debe o seu nome á goleta America, gañadora da primeira regata internacional celebrada en 1851 arredor da illa de Wight, ao sur de Gran Bretaña. Desde entón a copa quedou en mans dos americanos ata 1983, que foi arrebatada polo equipo australiano. Despois pasaría por mans neocelandesas e na última edición de 2003 alzaríase coa copa, por vez primeira, un barco europeo de nacionalidade suíza, o Alinghi. Durante a America’s Cup ten lugar, previamente, unha serie de prerregatas que dan paso á competición da Louis Vuitton Cup, na que se enfrontan entre si os equipos que desafían ao actual posuidor da Copa (defender). Desta serie sae un único gañador que se enfronta ao defender (o barco suízo Alinghi) na America’CupMatch, de onde sae o gañador definitivo da 32 edición. O tipo de barco utilizado na regata é o denominado America’s Cup Class, con 16 tripulantes, cunhas características técnicas determinadas que obriga aos deseñadores de barcos a encontrar un equilibrio perfecto entre a eslora, a superficie das velas e o desprazamento para conseguir a maior rapidez e manobrabilidade posible. Os equipos participantes están formados polos mellores regateiros, veleiros, enxeñeiros e construtores de barcos do mundo, de aí que o éxito sexa froito do esforzo de todo un grupo composto xeralmente por unhas 100 persoas. Por cuarta vez, prodúcese a participación de España na America’s Cup, co equipo Desafío Español 2007, que defende as cores da Real Federación Española de Vela como club desafiante.

Compárteo nas túas redes