Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

HOMENAJE AL MAESTRO

  • Data de emisión: 23/01/2007
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 20
  • Valor postal dos selos: 0,58 €
  • Tiraxe: Ilimitada

Profesor, educador, docente ou pedagogo, son termos que se refiren á práctica educativa e á técnica do ensino pero, quizás, ningún sexa tan preciso coma o de mestre para referirse á persoa que ensina algunha ciencia, oficio ou arte e que, tradicionalmente, serviu para denominar así a quen imparte a primeiro ensino. E é a el, ao mestre, ao que a filatelia dedica este selo autoadhesivo como homenaxe e recoñecemento a unha profesión de grande importancia no conxunto da sociedade.

40120071

Entre os recordos da infancia sempre aparece a afastada figura do mestre ou mestra cos que aprendemos as primeiras letras e as primeiras normas de comportamento na aula. Ante os ollos do mozo alumno, móstranse como os máximos representantes da cultura e do saber, sendo o nexo de unión entre a familia e a escola. Queridos e respectados pola comunidade, ademais de transmitir coñecementos e experiencias, o mestre incúlcalles aos alumnos outros valores educativos, como o respecto, a tolerancia e a responsabilidade. De aí o papel meritorio desta profesión, a súa grandeza e o importante labor educativo que cumpre no desenvolvemento da personalidade humana. Con esta emisión, a filatelia rende homenaxe ao mestre en recoñecemento ao seu labor pedagóxico e á coordinación que exerce entre a familia e os centros docentes. Así mesmo, recórdalle á opinión pública o papel que cumpren como educadores e ensinantes, prestixiando a súa figura e a súa función social. Unha sociedade desenvolvida e xusta esixe o amparo e o respecto a esta profesión que inflúe na vida de todas as persoas desde a máis tenra infancia. O selo ilústrase cunha imaxe colorista dun mestre fronte aos alumnos. Un selo que adherido aos envíos postais, chegará aos nosos fogares para lembrarnos a figura do mestre e da mestra, promotores do ensino e do avance cultural de toda sociedade.

Compárteo nas túas redes