Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DIARIOS CENTENARIOS. El Progreso de Lugo

  • Data de emisión: 09/05/2008
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,31 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

Únese á xa longa listaxe de Diarios centenarios que contan con selo, o diario El Progreso de Lugo, xornal que neste ano fai o seu primeiro século de existencia, xa que apareceu o seu primeiro número o día 17 de agosto de 1908.

20520081

Este xornal, nas súas orixes, definiuse como liberal, xa que a súa aparición tivo lugar a raíz da visita de altos dirixentes nacionais deste partido a Lugo. Logo desaparecería esta definición da cabeceira do rotativo e pasaría a ser un xornal independente, de información xeral, a cuxas páxinas uniría outras relativas a Lugo e á súa provincia. El Progreso foi fundado por Purificación de Cora y Más-Villafuerte. Este diario xa centenario, entre cuxas páxinas figuran artigos de ilustres rúbricas como Cela, Álvaro Cunqueiro, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega e Juan Rof Carballo, entre outros autores, iniciou na década dos 80 un ambicioso proceso de modernización coa creación dun centro impresor instalado no polígono do Ceao en Lugo. Xa a mediados dos 90 levou a cabo a implantación da cor cunha rotativa KBA Comet e nos últimos anos vén acometendo un proceso de expansión coa adquisición de novas cabeceiras como o Diario de Pontevedra, a aposta por novos soportes de comunicación como a televisión local, os xornais dixitais e a produción audiovisual. Tamén El Progreso, ademais de crear produtos editoriais para Galicia e Lugo, desde o seu centro impresor do Ceao, imprime o xornal gratuíto editado en galego LV (De Luns a Venres) que se distribúe nas principais cidades galegas; o Nova+, publicación de información económica; e La Comarca del Eo. Segundo os datos do EXM, o diario El Progreso, líder de información xeral na provincia de Lugo, conta cuns 103.000 lectores diarios, cifra que o sitúa como terceiro xornal de Galicia. O selo, ademais de conter datos alusivos ao seu centenario, ilústrase coa imaxe dunha árbore cuxo tronco, aínda que aparece roto, faille permanecer en pé. É un motivo simbólico, obra do pintor lucense García Gesto.

Compárteo nas túas redes