Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

BEIJING 2008. JUEGOS OLÍMPICOS. A.D.O. (ASOCIACIÓN DEPORTES OLÍMPICOS)

  • Data de emisión: 08/07/2008
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 0,31 €
  • Tiraxe: 1.000.000
  • Dentado: 13 3/4

Os XXIX Xogos Olímpicos, que se celebran este ano na cidade chinesa de Beijing, constitúen o tema central do selo que se pon en circulación e co que se queren destacar os valores deportivos, o olimpismo e a axuda prestada pola ADO (Asociación Deporte Olímpicos) ao desenvolvemento e promoción da alta competición.

30720081

Datos oficiais sinalan que 28 disciplinas olímpicas, 16.000 deportistas e 203 países confirmaron a súa participación nas olimpíadas de Beijing que terán lugar durante o mes de agosto. Ademais da sede principal dos xogos –onde se encontran o estadio olímpico, coñecido como “estadio-niño de Pekín” pola estrutura de mallas entrelazadas que forma o seu exterior, e o centro acuático nacional, onde terán lugar as probas de natación- outras seis cidades: Hong-Kong, Shanghai, Qingdao, Tianjin, Qinhuangdao e Shenyand converteranse en subsedes para dar cabida ás probas de equitación, vela e fútbol. O deporte español estará representado nas distintas disciplinas cos mellores atletas, aos que ADO (Asociación Deportes Olímpicos) lles prestou a súa colaboración. Esta institución deportiva, sen fins de lucro, fundouse en 1988 co obxectivo de poñer a disposición dos deportistas de elite os medios técnicos e económicos necesarios para axudalos a mellorar os seus resultados. Tras a súa creación, a resposta non se fixo esperar e nos Xogos Olímpicos de Barcelona’92 os atletas españois alzáronse por primeira vez con 22 medallas olímpicas. ADO está formada pola unión de tres organismo: Consello Superior de Deportes (CSD), Comité Olímpico Español (COE) e Radiotelevisión Española (RTVE) e conta coa colaboración financeira de 14 empresas de recoñecido prestixio que proporcionan os medios técnicos e económicos necesarios para o cumprimento dos programas deportivos. O selo reproduce a imaxe dun atleta saltando e a lenda Beijing 2008. Á dereita insírese a sigla de ADO, os emblemáticos aros olímpicos e as cores representativas da bandeira española.

Compárteo nas túas redes