Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EFEMÉRIDES. IV CENTENARIO DE LA UNIVERSIDAD DE OVIEDO

  • Data de emisión: 14/03/2008
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,31 €
  • Tiraxe: 1.000.000

Ao cumprirse o IV Centenario da fundación da Universidade de Oviedo ponse en circulación un selo de Correos que conmemora esta efeméride cultural.

40320081

O 21 de setembro de 1608, a Universidade de Oviedo abría as súas portas ao estudo das facultades especializadas en leis, canons e Teoloxía. A súa fundación foi establecida polo arcebispo Fernando Valdés Salas, quen deixou disposto no seu testamento a creación da universidade. Fernando Valdés fora presidente do Consello de Castela, arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral durante os reinados de Carlos I e Filipe II. Movido polo interese humanístico e cultural, fundara anteriormente o Colexio de Nenas Orfas Recoletas e o Colegio de San Gregorio para a formación dos nenos en Gramática e Latinidade. A universidade iniciou a andaina educativa marcada, durante os primeiros anos, polo interese en afianzar as ensinanzas e mellorar a organización cunha normativa baseada nos “Estatutos vellos” que non foron modificados ata 1707. Durante a invasión francesa, o edificio foi ocupado polas tropas napoleónicas e as clases foron suspendidas ata a súa expulsión. Polas súas aulas e cátedras pasaron personaxes da altura intelectual de Benito Feijóo, Pedro Rodríguez Campomanes, Leopoldo Alas “Clarín” e Aniceto Sela y Sampil, entre outros moitos nomes. O edificio histórico da universidade foi trazado polo arquitecto Rodrigo Gil de Hontañón. Sobrio e de planta cadrada, ten no centro un patio renacentista coa estatua do seu fundador. Da escasa ornamentación que decoran as súas fachadas salienta o escudo da familia Valdés. No selo reprodúcese a esquina principal da universidade e o logotipo conmemorativo do IV Centenario Universidade de Oviedo 1608-2008.

Compárteo nas túas redes