Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

JUEGOS Y DEPORTES TRADICIONALES

  • Data de emisión: 30/05/2008
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Efectos en prego: 25 sellos + 25 viñetas
  • Valor postal dos selos: 0,43 €
  • Tiraxe: 500.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 3/4

A serie Xogos e deportes tradicionais amplíase con dúas novas emisións encadradas no grupo de lanzamento a distancia: o lanzamento de barra e o tiro con fonda balear.

40520081

O lanzamento de barra comezou a gozar de gran popularidade no século XV como forma espontánea de medir a forza e como modo de diversión. A súa orixe céntrase en dúas áreas xeográficas e etnográficas diferentes: vasco-navarra e castelán-aragonesa. Na primeira delas o comezo débese aos traballos nas canteiras e aos barreneiros que, nos tempos de descanso, lanzaban as súas barras de traballo como forma de diversión e demostración de enerxía e vigor. Na área castelá e aragonesa a orixe atribúese ás barras utilizadas polos muiñeiros para erguer as pesadas pedras do muíño, dando paso a pugnas para mostrar a súa forza. A barra vasca ou palanka, rexistrada como modalidade atlética, ten un peso de 3,5 Kg e unha lonxitude de 1,5 m. Conta con tres formas de lanzamento, sendo a máis popular a de A voltas ou biraka. A barra castelá, fabricada en aceiro, mide 0,75 m e ten un peso mínimo de 5 Kg. A aragonesa, tamén de aceiro, mide 0,81 m e pesa 7,25 Kg. Ambas as dúas técnicas de lanzamento son similares ao ter os seus antecedentes na barra de muíño.

40520082

O tiro con fonda balear, tir de fona, sitúa as súas orixes no mundo pastoril, xa que era utilizado para reunir o ganado ou para cazar pequenos animais. Na idade antiga foi utilizado como instrumento de guerra e así consta nas guerras púnicas e gregas. Existen dúas modalidades de xogos: lanzar unha pedra o máis lonxe posible, longa distancia, ou dar a un branco, puntería, servíndose nas dúas dunha fonda para o lanzamento. Esta pode estar feita con calquera material de orixe animal ou vexetal e a súa lonxitude máxima é dun metro. A modalidade de puntería ou precisión é a máis practicada e consiste en dar a unha diana situada a unha distancia de 30, 60 ou 90 pasos, equivalendo un paso a 0,65 m. Segundo os tipos do xogo, a diana colócase a unha distancia determinada. Consta dun cadrado de madeira de 1,20 m de lado, suxeitado no chan por un soporte. O branco da diana sitúase no centro do cadro, sobre un círculo de metal de 0,50 m. Os selos van unidos a unha viñeta que reflicte momentos de cada actividade.

Compárteo nas túas redes