Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

VALORES CÍVICOS

  • Data de emisión: 29/02/2008
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,31; 0,39 y 0,43 €
  • Tiraxe: 1.500.000 de cada valor postal
  • Dentado: 13 3/4

A posta en alza dos Valores Cívicos é unha das inquietudes sociais ás que se une a filatelia con esta emisión que dedica os seus selos á loita Contra a explotación infantil, a Solidariedade interxeracional e a Diversidade cultural.

50220081

Datos da Organización Internacional do Traballo (OIT) apuntan a que máis de 218 millóns de nenos e nenas se ven forzados a traballar a causa da pobreza e da explotación infantil; un dato que pon en tea de xuízo a falta de protección á que se ve sometida a poboación infantil en boa parte do mundo. Se ben a gran maioría de nenos traballa na agricultura, outra boa parte é explotada por patróns externos, como multinacionais, e de aí o interese dos países industrializados por comprometerse a castigar xudicialmente as empresas que utilizan os nenos como man de obra con baixos custes de produción. Outra forma de explotación infantil, é o exercicio da prostitución, propiciada polas propias familias. As rexións con maior índice de explotación infantil sitúanse en Asia e o Pacífico, seguidas pola África subsahariana, Latinoamérica e o Caribe.

50220082

A Solidariedade interxeracional aposta pola protección dos membros máis débiles da sociedade, como nenos e anciáns, procurando unha conciliación entre a vida familiar e laboral. Se tradicionalmente foi a muller a encargada de atender os fillos e proxenitores, a incorporación desta ao traballo dificulta o cumprimento desta tarefa e fai cada día máis necesaria a implantación de medios gobernamentais que dean resposta a estas necesidades. O apoio e a atención aos maiores por medio de programas de envellecemento activo, prestación de servizos sociais, centros tutelados e atendidos por persoal capacitado son algúns dos dereitos que ten o cidadán e que os gobernos deben atender.

50220083

As artes, as letras, o modo de vida, as tradicións, os valores e as crenzas de cada sociedade son algúns dos caracteres que dan lugar á Diversidade cultural. En 2001 a UNESCO adoptou a “Declaración universal sobre a Diversidade Cultural” co compromiso de favorecer “a fecunda diversidade das culturas”, que redundará no respecto e preservación desa pluralidade. O selo dedicado á Diversidade cultural, deseñado polo Estudio Jesús Sánchez, foi galardoado en Italia co "Premio Internacional Asiago de Arte Filatélica 2008". Os selos ilústranse con imaxes alusivas aos temas da emisión.

Compárteo nas túas redes