Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

AUTONOMÍAS

  • Data de emisión: 02/01/2009
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: Tarifa A (1 sello = carta normalizada hasta 20 gr. para España)
  • Tiraxe: Ilimitada
  • Dentado: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Medidas sen pregar: 166 x 63 mm.

A serie dedicada ás Autonomías, con formato de carné composto por oito selos autoadhesivos de tarifa A, válida para as cartas normalizadas dirixidas a calquera punto da xeografía española.

10120091

No carné filatélico reprodúcense os perfís xeográficos de seis comunidades autónomas e as súas respectivas bandeiras, ademais do escudo e a bandeira de España. A bandeira de España adoptouse en 1981, tras modificarse o Escudo Nacional. De cores amarela e vermella, baséase no deseño de 1785 que se foi variando paulatinamente. O Escudo de España que está regulado pola Lei 33/1981, do 5 de outubro, é o símbolo heráldico do Estado e os elementos que o compoñen contan cunha tradición de máis de nove séculos de historia. Desde 1981 o Principado de Asturias conta co seu Estatuto de autonomía. A súa bandeira está formada pola Cruz da Vitoria, en amarelo sobre fondo azul. Dos brazos penden as letras gregas alfa e omega, como significado do principio e a fin. O Estatuto autonómico de Galicia aprobouse en 1981. A súa bandeira institucional inspírase no antigo estandarte da provincia marítima da Coruña do século XIX. O fondo é de cor branca atravesado por unha banda diagonal azul. Tamén en 1981 a comunidade de Cantabria obtivo o seu Estatuto de autonomía, no que se establecen as cores da bandeira oficial: dúas bandas horizontais da mesma anchura en branco e vermello co escudo da rexión no centro. Cataluña obtivo a Autonomía en 1979 e a súa bandeira ou señera é a tradicional dos reis de Aragón. Está formada por catro barras vermellas sobre cinco amarelas.

Compárteo nas túas redes