Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FLORA Y FAUNA. Geranio y Graellsia isabelae

  • Data de emisión: 01/07/2009
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 177,5 x 86 mm. (horizontales)
  • Efectos en Talonario: 100
  • Valor postal dos selos: 0,32 € (Graellsia isabelae) y 0,62 € (Geranio)
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos motivos

Os selos autoadhesivos da serie Flora e Fauna dedicados ao Xeranio e á bolboreta denominada Graellsia isabelae, reproducen as imaxes da devandita planta e da bolboreta.

10720091

A planta coñecida comunmente como xeranio, pertence á familia Xeraniaceae e ao xénero Pelargonium, aínda que se coñecen algúns membros deste como Xeranium. Conta esta planta cunha gran variedade de especies, pois entre plantas anuais, bienais e perennes calcúlase que existen máis de 400 especies. Dado o grande atractivo e a variedade tonal das súas flores vén sendo moi utilizadas en xardinería. Abundan estas plantas e variedades na rexión oriental do Mediterráneo aínda que o seu hábitat se cingue a todas as rexións tépedas do mundo, incluídas as zonas montañosas dos trópicos. A súa reprodución lévase a cabo coa plantación de escallos semileñosos ou podando os xa existentes ao final do inverno ou a principios da primavera. Outro modo de propagación é por sementes. Para o seu cultivo, fóra e dentro da casa, requírese sol e luz.

10720092

A bolboreta coa que se ilustra o selo pertence á subespecie nominal Graellsia isabelae ssp.isabelae, é femia e segundo os entomólogos esta bolboreta española é a máis bela de Europa. Toma o nome do seu descritor e naturalista o Dr. Graells Agüera, quen a topou, en 1849, na Serra de Guadarrama. Foille asignado por este, en principio, o nome de Saturnia isabelae na honra da raíña Isabel II de Borbón, a súa protectora. A coloración predominante deste lepidóptero ibérico, de características exóticas, é verde sucada por vetas de cor marrón avermellado. Posúe nas catro alas ocelos de varias cores e as alas posteriores de ambos os sexos presentan unhas rechamantes colas, máis pronunciadas no macho. A súa planta nutricia son os piñeiros silvestre e o negro en cuxas ramiñas ou acículas, tras a fecundación, poñen os seus ovos. A súa poboación localízase nos Pirineos, Sistema Ibérico meridional e nas serras de Albarracín, Javalambre, Gúdar, Cazorla, Segura, Alcaraz e Guadarrama. A fotografía para o selo é de Enrique Aguilar e foi tomada da colección do entomólogo Tomás Latasa quen a cedeu amablemente.

Compárteo nas túas redes