Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EFEMÉRIDES. Centenario del primer vuelo a motor en España

  • Data de emisión: 05/09/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 50
  • Tiraxe: 430.000
  • Dentado: 13 3/4

Correos, cun selo incluído na serie de Efemérides, vén a conmemorar o Centenario do primeiro voo a motor en España. O dito selo ilústrase coa imaxe dun biplano con motor de hélices, tripulado por un aviador.

10920091

Á marxe dos moitos intentos que o home fixera por voar a través dos séculos, en España, os primeiros voos non tiveron lugar ata 1909, ano no que o valenciano, Juan Olivert Serra, pilotando un biplano deseñado por Gaspar Brunet, conseguiu elevarse polos seus propios medios no aire e realizar un curto voo duns 40 metros. Isto foi o día 5 de setembro do ano 1909 no campo de instrución do Rexemento de Artillería número 11 de Paterna, Valencia. Anos antes, concretamente, o 17 de decembro de 1903, os irmáns Wright conseguiron voar cunha nave propulsada por motor sobre as praias de Kitty Hawk, en Carolina do Norte, percorrendo unha distancia de 36 metros en 12 segundos, experiencia que repetiron o mesmo día cun voo posterior no que lograron percorrer 284 metros en 59 segundos. En Europa, Louis Blériot, en 1909, foi o primeiro en facer unha viaxe por etapas, percorrendo os 41,2 km que distan entre Etampes e Orleáns. Tamén en 1910, o francés, Julián Mamet, atribuíuse o mérito de realizar o primeiro voo en España, en concreto en Barcelona, dato erróneo que quedou avalado por investigacións recentes que demostran que o primeiro voo foi realizado polo biplano Olivert-Brunet, tripulado polo primeiro. O aparato de Juan Olivert, foi construído nos talleres Rosell i Vilalta, de Barcelona, baixo a dirección de Brunet, con cargo á economía familiar de Olivert, aínda que este recibiu axuda do Concello de Valencia para financiar o seu avión que mostrou ao rei Afonso XIII no Pavillón da Industria da Exposición Rexional Valenciana de 1909. Do mítico biplano Olivert-Brunet, primeiro aparato a motor español que veu a revolucionar a sociedade valenciana de principios do século XX, hai na actualidade dúas replicas: unha no Museo Príncipe Felipe da Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia e a outra está no Museo do Aire de Catro Ventos en Madrid. El 85 aniversario de este Primer Vuelo había sido conmemorado en 1994 con la emisión de un Aerograma ilustrado .

Compárteo nas túas redes