Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

NATURALEZA

  • Data de emisión: 09/03/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,43 €
  • Tiraxe: 450.000 de cada motivo
  • Dentado: 13 3/4

Os selos da serie Natureza están dedicados aos parques naturais de Garganta do Río Lobos en Soria e de Izki en Araba. De ambos os espazos naturais, os selos reproducen panorámicas.

20320091

Subdivídese o territorio do Parque Natural da Garganta do Río Lobos entre as provincias de Soria e Burgos. Ten a paraxe unha superficie de 9.580 ha e é un singular espazo bioxeográfico estruturado sobre o eixe dun profundo corte escavado nas calcarias mesozoicas da canle fluvial que deixou á vista enormes e escarpados paredóns. Da súa flora destacan a sabina albar, o piñeiro negral, caxigos e aciñeiras, mentres que nos espazos cubertos de matogueira poden verse cimbros, uvas ursinas e toxos. En canto á fauna, habitan a foz diversas especies animais e, en particular, as aves entre as que abundan as rapaces como a aguia, o falcón, o voitre leonado, o azor e o voitre branco. Tamén nas augas do río conviven londras e troitas. Este espazo foi declarado Parque Natural en 1985 e Zona de Especial Protección para as Aves en 1987.

20320092

Sitúase o Parque Natural de Izki na denominada Cuadrilla da Montaña Alavesa, ao sueste do territorio de Araba. Posúe unha extensión arredor a 9.100 ha e en canto a vexetación é unha das formacións de carballo cerquiño mellor conservadas do mundo. Séguelle en importancia e extensión o faial e as caxigueiras subcantábricas. Tamén hai presenza de carballos pubescentes, pradairos, acivros, bidueiros e aciñeiras. No referente á fauna hai presenzas de pico mediano e de aguia pescadora. De igual maneira, poboan este territorio, que recibe o nome de Izki grazas ao seu río, o xabaril e o corzo. O Parque Natural de Izki, situado nunha zona de transición entre o dominio atlántico e o mediterráneo, obtivo a súa declaración en marzo de 1998.

Compárteo nas túas redes