Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

MODA ESPAÑOLA

  • Data de emisión: 15/06/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado con microrelieve
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 49,8 mm. (verticales)
  • Tamaño da folla bloque: 105,6 x 150 mm. (vertical)
  • Valor postal dos selos: 0,32 €
  • Tiraxe: 350.000 hojas bloque
  • Dentado: 13 3/4
  • Tiraxe bloque: 350.000 hojas bloque

Con esta emisión dedicada á Moda Española recórdase ao deseñador manchego Manuel Piña e a súa contribución ao mundo da moda nas últimas décadas do século XX.

20620091

Manuel Piña (1944-1994) naceu en Manzanares (Cidade Real). Pertenceu á nova xeracións de deseñadores españois que a partir de 1980 traballaron duramente para poñer en marcha a Federación do prêt-à-porter español e lograr que a moda deste país fora recoñecida e ocupara un lugar destacado no ámbito internacional. Con 20 anos estableceuse en Madrid e ao pouco tempo fíxose cargo dun pequeno taller de punto, onde toma contacto coa moda e co deseño. A súa primeira colección presentouna no Liceo de Barcelona, pero a súa consagración chegou co desfile na carpa do circo da Ciudad de Los Muchachos de Madrid, en 1982. Nos seus deseños introduciu novos tecidos e materiais, como o coiro trenzado, a la tinguida a man, o macramé, o charón e os entretecidos de punto, dando paso a novas tendencias das que se fixeron eco no estranxeiro. Co pintor Juan Gomilla e outros deseñadores e artistas do momento presentou na Llotja de Barcelona, en 1984, a colección “El algodón y el arte” que quedou recollida nos anais da moda española. Confesábase un namorado do seu traballo ao manifestar: “Un deseñador é un home que traballa para facer a vida dos demais máis agradable”. Nos últimos anos da súa vida identificábaselle polo pano de pirata anoado á cabeza, idea secundada por moitos rapaces. En 1989, Manuel Piña gañou o concurso convocado por Correos e Telégrafos para vestir os carteiros de toda España, proxectando nos novos uniformes unha imaxe de harmonía e comodidade no amplo colectivo de repartidores. Na folla bloque reprodúcense catro modelos da colección do Museo Manuel Piña, situado en Manzanares e creado como homenaxe á figura do deseñador pola cidade que o viu nacer e morrer. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo reprodúcense: un vestido en lenzo cru, azul e verde, pintado a man por Alex Serna (1991); traxe de vestido e chaqueta en punto de la da colección outono-inverno (1986-1987); vestido en lenzo cru con aros, pintado a man por Juan Gomila (1984) e vestido en blonda con aros e gran cola (1988). A folla bloque foi deseñada por Francisco Paniagua baseándose na fotografías realizadas por Miguel Ángel Granados, ambos os dous empregados de Correos e Telégrafos.

Compárteo nas túas redes