Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

ARQUITECTURA: Puente Tilos La Palma. Canal Castilla. 4 Torres perfil Madrid

  • Data de emisión: 09/09/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales) Sellos hoja bloque: 28,8 x 40,9 mm. (verticales)
  • Tamaño da folla bloque: 150 x 105 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 0,32 €
  • Tiraxe: Sellos: 430.000 de cada motivo. Hoja bloque: 300.000
  • Dentado: 13 3/4
  • Tiraxe bloque: 300.000

A serie de Arquitectura vese conformada pola emisión de seis selos: dous deles reproducen as imaxes da ponte de Los Tilos na illa de La Palma e do canal de Castilla e os outros catro, que orixinan unha folla bloque, ilústranse con panorámicas das catro torres dun novo parque empresarial, próximo ao paseo de La Castellana de Madrid, entre as que figuran as coñecidas como de Cristal e de Espacio.

30920091

A ponte de Los Tilos, localizada nas inmediacións de San Andrés e Sauces, na illa canaria de La Palma, é obra dos enxeñeiros Santiago Pérez-Fadón Martínez e José Emilio Herrero Beneítez e do seu equipo. Foi inaugurada o 18 de decembro de 2004 e consiste nun arco cuxa luz é de 255 m; o seu arco e pías son de formigón de alta resistencia. A ponte que se estende ao longo de 357 m elévase a máis de 150 m sobre o barranco da Auga. Con esta ponte os seus autores bateron o récord de luz actual na construción de arcos de formigón en España.

30920092

O canal de Castilla é unha das obras civís máis importantes do noso país. Foi construído para servir de vía de comunicación á comarca de Terra de Campos, e o seu uso foi o transporte fluvial de produtos agrícolas con destino aos portos do norte. A obra do canal de Castilla foi finalizada en 1849, o seu deseño ten forma de Y invertido e consta de 207 km que discorren polas provincias de Palencia, Burgos e Valladolid. Coa chegada do ferrocarril o canal perdeu a súa función como vía de transporte, e pasou en 1909 a reconverterse en canle de rega. Desde 1927 a Confederación Hidrográfica do Douro corre coa súa xestión e conservación.

30920093

As catro torres que no horizonte singularizan o perfil da cidade de Madrid, emerxen sobre a base da antiga Cidade Deportiva do Real Madrid, agora convertida en parque empresarial. Comprende edificios como unha torre de forma similar a un andel, cunha altura de 250 m, a máis alta da capital e de España, deseñada por Norman Foster; a torre de Cristal mide 249 m e é obra do arquitecto arxentino César Pelli; unha terceira torre triangular de 236 m que está cuberta de vidro e que foi deseñada por Carlos Rubio Carvajal e Enrique Álvarez-Sala Walter; e a torre Espacio que mide 223 m, a súa forma é cuadrangular e é obra do estudio de arquitectos neoiorquino Pei, Cobb Freed & Partners.

Compárteo nas túas redes