Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

SEGURIDAD VIAL

  • Data de emisión: 14/07/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,88 x 28,8 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 158 x 86,4 mm. (horizontales)
  • Valor postal dos selos: 0,32 €
  • Tiraxe: Ilimitada
  • Dentado: 12 3/4 horizontal y 13 1/4 vertical

Con este selo, dedicado á Seguridade Viaria, que fai referencia expresa a Alcoholemia e Velocidade, ponse de relevo a responsabilidade que todo condutor debe ter á hora de coller o voante.

40720091

Datos oficiais sinalan que a inxestión de bebidas alcohólicas e o exceso de velocidade son as causas que orixinan o maior número de accidentes de tráfico. Por este motivo, a Dirección General de Tráfico (DGT) e os organismos competentes realizan continuas campañas informativas para concienciar os cidadáns e os condutores do perigo que supón a condución baixo os efectos do alcol e o incumprimento das normas de tráfico. Lemas como Porque a única taxa segura é 0,0 ou Teñas a idade que teñas, conduce con cero de alcohol son algunhas das campañas lanzadas pola DGT para que os condutores en xeral e os mozos en particular sexan conscientes de que o consumo de alcol é incompatible coa condución dun vehículo. As normas lexislativas implantadas nos últimos anos, que modifican os delitos contra a seguridade viaria e incrementan o control do exceso de velocidade e dos niveis de alcohol están logrando unha paulatina diminución de accidentes e de mortes. Neste sentido, a Lei de circulación urbana e interurbana que regula “o permiso e a licenza de condución por puntos” combina dous elementos principais: por unha banda, presenta un carácter reeducador para modificar os comportamentos infractores mediante a realización de cursos de reeducación viaria para os condutores reincidentes e, por outra banda, persegue un efecto punitivo que consiste na perda de puntos cos que conta un condutor. Estes puntos, segundo indica a lei, “son reflexo do nivel de confianza que como tal condutor lle outorga a sociedade nun momento dado e cuxa perda sinala o reproche que tales condutas merecen…” Outros factores de grande importancia para conseguir maior seguridade viaria son as melloras das infraestruturas por parte da Administración e o desenvolvemento da educación viaria, desde a infancia co fin de crear hábitos e actitudes de convivencia e respecto entre todos.

Compárteo nas túas redes