Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

FLORA Y FAUNA. Hortensia y Carbonero común

  • Data de emisión: 20/01/2009
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Autoadhesivo fosforescente
  • Tamaño do selo: 24,5 x 35 mm. (verticales)
  • Tamaño do talonario: 177,5 x 86 mm. (horizontales)
  • Efectos en Talonario: 100
  • Valor postal dos selos: 0,32 € (Carbonero común) y 0,62 € (Hortensia)
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos motivos

Os selos autoadhesivos da serie Flora e Fauna dedicados á hortensia e ao ferreiriño abelleiro, ilústranse coas imaxes da devandita planta e da ave.

60120091

A hortensia é unha planta caducifolia pertencente á familia das Saxifragáceas e ao xénero Hydrangea macrophylla. As follas deste arbusto de xardín son opostas, ovais, e dentadas e, dependendo do clima da zona de plantación, chegan a alcanzar algúns metros de altura. A súa floración ten lugar entre a primavera e o verán. A multiplicación realízase a partir de escallos de 8 a 10 cm de lonxitude. As flores da hortensia desenvólvense a partir de xemas formadas o ano anterior. Hai 90 especies desta planta aínda que proveñen da hortensia común. As flores da hortensia están reunidas en grandes corimbos terminais e poden ser de dous tipos: estériles e hermafroditas. Tamén existen dous tipos de plantas. Segundo o número de botóns florais temos as unifloras, que teñen un só botón e as plurifloras, con varios botóns. Hai variedades de flor en tons branco, rosa, azul e vermello.

60120092

O ferreiriño abelleiro ou Parus major é unha ave da familia Paridae e da orde das Passeriformes. É unha especie sedentaria, moi común en Europa e Asia. Mide uns 15 cm e na súa plumaxe presenta unha banda negra, máis ancha nos machos, ao longo do seu peito amarelento. O colo e a cabeza son negros, con meixelas brancas e as súas partes superiores son de tons verde oliva. Aliméntanse basicamente de insectos e sementes. Teñen o seu hábitat en zonas boscosas, arboradas e axardinadas. Reprodúcense entre abril e xuño e as súas postas constan de entre seis e oito ovos.

Compárteo nas túas redes