Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

BAILES Y DANZAS POPULARES

  • Data de emisión: 22/07/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente.
  • Tamaño do selo: 33,2 x 49,8 (verticales)
  • Efectos en prego: 25 sellos + 25 viñetas
  • Valor postal dos selos: 0,43 €
  • Tiraxe: 440.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 1/4

A Muiñeira e O Fandango pasan a formar parte da serie Bailes e Danzas Populares que divulga o folclore de España.

60720091

A Muiñeira, con procedencia etimolóxica do galego muíño, é o baile máis característico de Galicia. De orixe incerta, algúns autores vinculan este baile con antigas danzas prerromanas, mentres que outros o fan coas festas que se celebraban nos muíños durante a espera para recoller a fariña. O baile adopta distintos pasos segundo as comarcas e iníciase coa formación de filas de homes e mulleres, fronte a fronte, que bailan soltos formando un conxunto. O home interpreta con movementos enérxicos e impetuosos os puntos, xiros e piruetas cos brazos en alto e a muller faino con movementos pausados e tímidos e cos brazos máis baixos. Consta como mínimo de dúas partes: o punto, de gran variedade dependendo da destreza de cada bailador e a volta, ou roda que fan os danzantes e na que van cambiando de posición. Acompáñase con música de gaitas, bombo e pandeiretas. Entre a diversidade de muiñeiras caben citar as tocadas, as cantadas, as acordadas, as non acordadas e a máis popular: a muiñeira do espantallo, inspirada na figura deste elemento rural. Coñecido desde finais do século XVIII, O Fandango é considerado como un dos bailes máis populares e de maior arraigo na xeografía española. É moi común en toda Andalucía, onde adoptou aires aflamencados, estendéndose a outros puntos da península. Málaga, cos seus verdiales, e Huelva, con características especiais son as provincias onde goza de maior popularidade. Con certas variacións báilase en Baleares, Levante, País Vasco, Murcia, sendo moi coñecidos o de Jumilla e Yecla, e en Castela, onde se impoñen os fandangos charros de Salamanca. Tamén nas Illas Filipinas conservan este baile popular desde a época colonial.

60720092

Do fandango derivan as malagueñas, as rondeñas, as granadinas, os verdiales e as murcianas, entre outras danzas, que se acompañan xeralmente con música de guitarra, castañolas ou palillos e, nalgunhas ocasións, polo violín. Os pasos poden ser interpretados por unha ou varias parellas provistas de castañolas que seguen o compás da música con suaves ondulacións. A muller distínguese nos seus movementos pola suavidade e flexibilidade, á vez que marca con precisión o compás co taconeo no chan. Os selos van unidos a unha viñeta sen valor postal que reproducen pasos dos bailes e danzas protagonistas da emisión.

Compárteo nas túas redes