Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

EXFILNA 2009. IRÚN

  • Data de emisión: 06/10/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado engomado fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Tamaño da folla bloque: 105,6 x 79,2 mm. (horizontal)
  • Valor postal dos selos: 2,47 €
  • Tiraxe: 300.000 hojas
  • Dentado: 13 3/4

A cidade vasca de Irún, segundo municipio de Guipúscoa despois da súa capital Donostia, eríxese, do 6 ao 12 de outubro, en sede da Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA 2009), situada no Recinto Feiral da Costa Vasca (FICOBA). O dito acontecemento, un dos máis importantes da filatelia española, coincide coa conmemoración do 350 aniversario da sinatura do Tratado de Paz dos Pirineos, feito histórico este que tivo lugar na Illa dos Faisáns, tamén coñecida como Illa da Conferencia, no río Bidasoa.

61020091

Localízase a Illa dos Faisáns entre as localidades de Hendaia e Irún. Pola súa situación no centro do río Bidasoa e polo seu carácter fronteirizo entre Francia e España, este pequeno territorio e lugar emblemático era utilizado como punto neutral preferido para o intercambio de princesas entre os dous países. Actos de entrega e de intercambio de noivas, establecido polas alianzas entre monarquías que se viñeron celebrando desde o século XVI ata mediados do XVIII. Alí foron entregadas por parte de España as princesas: Isabel de Borbón a Felipe IV de Francia, o 9 de novembro de 1615; M.ª Luisa de Orleáns a Carlos II de Francia, o 3 de novembro de 1679 e Luisa Isabel de Orleáns a Luis I, o 9 de xaneiro de 1722. Pero tamén neste terreo neutral tiveron lugar conferencias políticas de gran relevancia, como as que tiveron lugar en 1565, ou as conferencias para o concerto da Paz dos Pirineos de 1659. A folla bloque que se emite con motivo desta XLVII edición de EXFILNA, reproduce un gravado depositado no Arquivo Municipal de Hondarribia que é propiedade do seu Concello. A obra ten por título Lisle de la Conference… e foi realizada polo gravador francés Adam Perelle en novembro de 1659, ano no que tivo lugar o histórico acordo. Aparece na panorámica que recolle a folla bloque e o selo, a efémera casa cerimonial que se construíu no centro do río Bidasoa, onde se reunían os respectivos séquitos das coroas de Francia e España para asinar as capitulacións ou realizar as negociacións da Paz dos Pirineos.

Compárteo nas túas redes