Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

AMÉRICA UPAEP

  • Data de emisión: 08/10/2009
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 0,78 €
  • Tiraxe: 430.000
  • Dentado: 13 3/4

A asociación de países que forman a Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) emiten anualmente un selo cun tema en común dedicado, nesta ocasión, aos Xogos tradicionais. España, membro desta organización internacional, dedica a emisión á baralla española, utilizada nos xogos de azar tan tradicionais e coñecidos como a brisca, o tute, o mus, a escoba , etc.

81020091

A baralla española componse de 48 cartas clasificadas en catro paus: ouros, copas, espadas e bastos. Todos os paus están numerados do 1 ao 12, correspondendo as figuras da sota, o cabalo e o rei aos números 10, 11 e 12. Usualmente adoitan utilizarse 40 cartas, ao ser descartados os oitos e os noves. Como característica xeral, na baralla española, as figuras represéntanse de corpo enteiro e os naipes van enmarcados por un sinal que serve para distinguir os paus sen necesidade de despregar as cartas, distinguíndose as copas por unha interrupción, as espadas por dúas, os bastos por tres e os ouros por unha liña recta sen interrupción ningunha. Crese que os naipes foron na súa orixe un pasatempos numérico e así aparecen representados nos tapices de distintos países europeos dos séculos XIV e XV. Existen multitude de deseños que varían considerablemente segundo os países e as épocas, revelando os máis antigos unha elaboración artesanal rica e artística feita para os grandes señores. Así mesmo, os temas que aparecen representados nos naipes son do máis variado e están relacionados, moitos deles, coa arte, a heráldica, a mitoloxía, a política ou a música. As cartas adoitan ter forma rectangular, pero tamén existen cadradas e redondas. No selo reprodúcese unha composición dos catro paus da baralla española clásica, cedida polo Museo Fournier de Naipes de Álava. Este museo, situado no caserón medieval do Palacio de Bendaña, en Vitoria, conserva entre os seus fondos unha colección de máis de 20.000 barallas, moitas delas pezas únicas. Entre as máis destacadas figuran un prego impreso no Alto Rin a mediados de 1400, un xogo bordado en seda procedente de Francia, así como barallas góticas, barrocas e renacentistas.

Compárteo nas túas redes