Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

VALORES CÍVICOS

  • Data de emisión: 11/02/2010
  • Procedemento de Impresión: Offset
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 50
  • Valor postal dos selos: 1,00 y 2,00 €
  • Tiraxe: Ilimitada para los dos valores postales
  • Dentado: 13 3/4

Baixo o título da serie Valores Cívicos, póñense en circulación dous selos dedicados, respectivamente, á Reciclaxe e ao Consumo responsable.

20220101

A frase tan expandida nas últimas décadas de “usar e tirar” podería ser substituída pola de “usar e reciclar” promovendo, así, a redución de desperdicios e a reutilización dos materiais usados. A reciclaxe consiste en someter un material xa utilizado a un proceso para que se poida volver a utilizar.

20220102

A acumulación de desperdicios é algo que preocupa cada vez máis á humanidade, polo que Nacións Unidas insta aos Gobernos, á industria e aos particulares a estimular a reciclaxe, activar a utilización de produtos biodegradables e a desenvolver sistemas de xestión de residuos para evitar a contaminación que causan no ambiente. No ámbito individual, o reciclado comeza coa separación dos envases do resto do lixo co uso os correspondentes colectores: de cor azul para papel e cartón; amarelo para envases de plásticos e latas; verde claro para o vidro e verde escuro para residuos que non teñen cabida nos grupos anteriores, principalmente materia orgánica. Correos, ao igual que outras empresas e institucións, colabora na sustentabilidade do ambiente coa venda de envoltorios de material reciclable.


 

Para ilustrar o selo utilizouse o símbolo internacional da reciclaxe, representado por tres frechas en forma de triángulo sen principio nin fin. Dentro deste quedan enmarcados varios sobres de papel en continuo proceso de reciclado.


 

Cambiar os hábitos de consumo, mercar o que verdadeiramente é preciso e elixir os produtos máis respectuosos co ambiente son algunhas das reflexións que se formulan ao falar de consumo responsable. Cada día son máis as voces que se erguen a prol deste asunto e tanto as asociacións ecoloxistas como as Nacións Unidas fan un chamamento para diferenciar entre o consumo necesario e o consumo excesivo, principalmente nos países industrializados. A responsabilidade inclúe, tamén, a posibilidade que ten o consumidor de elixir entre os produtos ofertados, esixindo o cumprimento de determinadas garantías sociais, éticas, solidarias e de protección do ambiente.


 

No selo figura o lema “ponlle tope ao consumo” e para o deseño utilizáronse conceptos abstractos encerrados nun bote baixo cadeado. Os dous selos foron creados polo estudio de Jesús Sánchez.

Compárteo nas túas redes