Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

CINE ESPAÑOL. JOSE LUIS LÓPEZ VÁZQUEZ

  • Data de emisión: 06/07/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 28,8 x 40,9 mm. (vertical)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,45 €
  • Tiraxe: 315.000

Nacido en 1922, José Luis López Vázquez é, sen dúbida, un dos actores máis prolíficos e importantes da historia da interpretación española. Dotado dun talento fóra do común, a súa sensibilidade extraordinaria, o seu perfeccionismo obsesivo no traballo, a súa excepcional ductilidade e a súa capacidade de entrega levárono, ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, a incorporar os máis variados personaxes en todos os xéneros e en todos os medios, sempre con dous denominadores comúns: a brillantez e o éxito.

20720101

Falar de José Luis López Vázquez é falar dos nosos mellores directores, das nosas máis celebradas películas, é recordar algunhas inesquecibles montaxes sobre os escenarios dos nosos teatros e, como non, de producións televisivas xa catalogadas como míticas.
 

No mundo da escena, montaxes como: Equs ou La muerte de un viajante.
 

Na televisión, interpretacións elevadas xa á categoría de míticas como a inesquecible La cabina.


 

E, finalmente, no que foi o seu medio por excelencia, unha cantidade inxente de brillantes traballos entre os que podemos destacar: Placido, El cochecito, El pisito, Atraco a las tres, La gran familia, El jardín de las delicias, Mi querida señorita, Viajes con mi tía, La escopeta nacional, La colmena ou Luna de Avellaneda, entre outros moitos...

Ao longo da súa carreira recibiu todo tipo de premios e recoñecementos entre os que cabe destacar: a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, a Medalla de Ouro ao Mérito no traballo, o Premio Nacional de Teatro e o Goya a toda unha vida pola súa incomparable traxectoria.
 

odo o anteriormente referido de xeito moi resumido, coloca, con toda xustiza, a José Luis López Vázquez entre os máis grandes actores da historia do noso país.
 

El sello está diseñado por el Estudio de Jesús Sanchez partiendo de una fotografía de Carlos Moraleda. O selo está deseñado polo estudio de Jesús Sánchez, partindo dunha fotografía de Carlos Moraleda.

Compárteo nas túas redes