Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DÍA MUNDIAL DEL ALZHEIMER

  • Data de emisión: 09/09/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,34 €
  • Tiraxe: 315.000
  • Dentado: 13 ¾ (horizontal) 13 ¼ (vertical)

A Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer declararon o 21 de setembro como Día Mundial do Alzheimer, un acontecemento ao que se adhire a filatelia coa emisión dun selo conmemorativo.

20920101

O alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, progresiva e irreversible, que causa a perda das neuronas e a deterioración das facultades físicas e mentais dos que a padecen. O nome provén do neurólogo alemán Aloís Alzheimer quen, en 1907, descubriu os síntomas que caracterizan a enfermidade. Nos inicios, a enfermidade aparece lentamente, con perdas leves da memoria, perda da fluidez na linguaxe verbal, fallos na orientación, cambios bruscos de humor e cambios claros de personalidade, entre outros signos, e vai avanzando progresivamente ata chegar á incapacidade total e á perda das facultades físicas e mentais, requirindo o paciente atención constante na súa vida diaria. Na actualidade non existe cura pero si hai tratamentos que intentan reducir o grao de progresión da enfermidade e dos seus síntomas. O tratamento, de carácter paliativo, establécese con fármacos, axuda psicolóxica e coidados persoais.


 

Coa conmemoración do Día Mundial do Alzheimer preténdese, por unha parte, solicitar o apoio e a solidariedade das institucións e organismos oficiais para que dediquen recursos específicos á atención das persoas coa enfermidade, así como a creación de máis centros especiais. Por outro lado, tamén se quere sensibilizar á sociedade en xeral sobre esta doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.


 

O selo foi deseñado polo estudio Jesús Sánchez e, baixo a lenda Pensamentos Ausentes, Día Mundial do Alzheimer, mostra un rostro esfumado e impreciso, como o propio cerebro da persoa afectada pola enfermidade.

Compárteo nas túas redes