Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

Cerámica española

  • Data de emisión: 18/02/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontales)
  • Efectos en prego: 32
  • Valor postal dos selos: 0,34 €
  • Tiraxe: 320.000 sellos de cada motivo
  • Dentado: 13 3/4 (H) y 13 1/4 (V)

Os pregos desta emisión compóñense de tiras de catro selos que recrean pezas de cerámica española, pertencentes ao Museo Ruiz de Luna de Talavera de la Reina. Os ditos selos reproducen un tinteiro policromado, un cántaro do século XVIII, aos que se lles suman un prato e unha ánfora, ambos os dous realizados no século XX.

30220101

O tinteiro polícromo é unha peza de influencia alcoreña ou de Alcora. Foi realizado no século XVIII, é branco e presenta unha abundante decoración vexetal, a que, unida a unhas pronunciadas esquinas, lle outorga unha aparencia barroca. Tamén, na súa iconografía están representados elementos propios da cerámica de Alcora e, en particular, da do “chaparro”, ademais do nome da persoa para a que foi elaborada. Este tinteiro posúe catro pozos arredor dun un pociño central.



 

O cántaro, tamén do século XVIII, está decorado en azul cobalto sobre un fondo en branco. É de gran tamaño, pois mide 0,53 cm de alto, e é de boca acampanada, base en anel e posúe dúas asas. A súa decoración mostra escenas de montería e loita entre animais, ademais dunha notable presenza vexetal, tanto nas escenas como na greca das súa asas.


 

O prato foi elaborado polo artista andaluz Enrique Guijo e cocido no alfar talaverán de El Carmen de Niveiro. É do ano 1907 e representa o perfil dun guerreiro con casco renacentista, enmarcado por greca e rodeado por dúas figuras femininas que sosteñen cadanseu corno da abundancia. Interveñen na súa decoración os tons amarelos e azuis. Nunha cartela aparece o nome de Talavera.


 

A ánfora é de mostrario e foi realizada no alfar de Ruiz de Luna no pasado século XX. É unha peza de pequeno tamaño pois servía para serlle mostrada aos clientes. Presenta unha abundante decoración nas súas dúas caras, unha na que predominan tons azuis e amarelos e outra con brancos e azuis. Tamén nesta aparece o nome de Talavera e das súas asas destacan unhas figuras antropomorfas apegadas.


 

Os datos e as imaxes, foron facilitados polo Museo de Cerámica Ruiz de Luna de Talavera.

Compárteo nas túas redes