Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Emisións

Emisión

DEPORTES. CÁDIZ C. F.

  • Data de emisión: 10/09/2010
  • Procedemento de Impresión: Huecograbado
  • Papel: Estucado, engomado, fosforescente
  • Tamaño do selo: 40,9 x 28,8 mm. (horizontal)
  • Efectos en prego: 25
  • Valor postal dos selos: 0,34 €
  • Tiraxe: 315.000
  • Dentado: 13 ¾ (horizontal) 13 ¼ (vertical)

Con este selo da serie Deportes conmemórase o centenario da fundación do Cádiz Club de Fútbol. Este ano e coincidindo co momento tan sinalado do centenario, a Comisión Avaliadora da Real Orde do Mérito Deportivo outorgoulle a Placa de Ouro ó Mérito Deportivo como “recoñecemento á brillante traxectoria deportiva desta entidade, que serviu de forma decisiva á proxección nacional e internacional do deporte español”.

30920101

A Real Federación Española de Fútbol establece o 10 de setembro de 1910 como data de fundación do actual Cádiz CF. O equipo primitivo, chamado Cádiz Foot-Ball Club, naceu por iniciativa de José Rivera y Lora e dun grupo de afeccionados desexosos de contar cunha asociación futbolística na cidade. Tempos difíciles e momentos de crise económica y deportiva parecen marcar a este equipo desde a súa fundación, que durante algúns anos xogou baixo a denominación de Mirandilla FC ata que en xuño de 1936 tomou o nome definitivo de Cádiz CF.


 

Tras a Guerra Civil e a prosecución da competición oficial, o Cádiz CF iniciou un longo e complicado período deportivo no que alternou a segunda e a terceira División. En 1977 logrou o ascenso a primeira e será na década dos anos 80 cando o club alcance a época dourada, coa formación do equipo máis gaditano composto por xogadores da canteira e da provincia. No seu historial figura que estivo doce temporadas en primeira división; trinta e seis en segunda e doce en terceira. Na temporada de 1989/90 obtivo a mellor clasificación da Copa do Rei, ao alcanzar as semifinais.


 

En setembro de 1955, o Cádiz CF inaugurou o estadio Ramón de Carranza e aproveitando a estrea do estadio creou o Trofeo Ramón de Carranza co fin de recadar fondos para o club. O torneo dispútase entre equipos de renome de España e do estranxeiro e é un dos eventos do verán máis coñecidos e apreciados. O Cádiz FC conseguiu en sete ocasións este apreciado trofeo.

Compárteo nas túas redes